miércoles, 30 de octubre de 2024

MARÍN. A OPINIÓN DO LECTOR. 'TEMPOS TRISTES PARA O LAGO DE CASTIÑEIRAS'. AUTOR: GASPAR BERNÁRDEZ VILLEGAS

"Nunha actuación incomprensible, sobre unha aliñación de árbores sen ningún problema fitosanitario nin biomecánico, a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Xulián (Marín) propietarios desa parte de Castiñeiras, decidiu cortar as tuias"
 
Imaxe de unha tala de onte, 29 de outubro. Foto A. Glez.

"En Cotorredondo empezó la reforestación de España, entendida como un plan general que hoy calificaríamos de racional, equilibrado y sostenible", con estas palabras define López Torre no seu libro La reforestación de Pontevedra. El gran proyecto de Daniel de la Sota hecho realidad, 1927- 1958. 
Hoxe Castiñeiras amenceu cun ruído ameazante, un que as árbores non queren escoitar... chegaron as motoserras, outra vez... A sebe de tuias xigantes que subía dende o lago ata o antigo Centro de Recuperación de Fauna de Cotorredondo, plantadas na década dos anos 50 de século pasado e onde se atopaban algúns dos exemplares de maiores dimensións de Galiza, morreu, ou máis ben matárona. Nunha actuación incomprensible, sobre unha aliñación de árbores sen ningún problema fitosanitario nin biomecánico, a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Xulián (Marín) propietarios desa parte de Castiñeiras, decidiu cortar as tuias. 
É certo que están na súa propiedade, ninguén o discute pero, non terán suficiente madeira en 300 hectáreas de piñeiros e eucaliptos que teñen que aproveitar, asasinar, as árbores históricas do concello? Ou como apunta o libro de López Torre, de Pontevedra??? Seguro que atoparán unha escusa do máis convincente, risco de caída ou problemas cos fungos.... todos os exemplares? 



Parece complicado, por non dicir imposible. Isto ata podería parecer anecdótico, pero non... coa de hoxe son ducias as agresións que están a sufrir as árbores en Castiñeiras nos últimos anos. Este verán sen ir máis lonxe, coa escusa de eliminar tres piñeiros secos na contorna do parque infantil cortáronse 18 exemplares. Non eran piñeiros calquera, trátase dunha especie moi pouco ou nada representada en Galiza, onde non hai outros exemplares destas dimensións nin idade. 
Fai uns anos pasou o mesmo cos carballos americanos fronte a que ata hoxe era a sede de tuias máis grande de Galiza, dun día para outro talláronse hectáreas de árbores plantados a mediados do século pasado. .......e outra vez atentouse contra o noso patrimonio forestal, porque éste non solo e de San Xulián, o patrimonio non ten dono. 
Fdo. Gaspar Bernárdez Villegas
Doctor en Investigación Agraria e Forestal

29 comentarios:

  1. É incrible. Matan o que pode ser o lugar máis icónico do concello, como dicía o título daquela película ¨Por un puñado de dólares¨, cutres, sodes moi cutres

    ResponderEliminar
  2. Non existe o respeto polo patrimonio vexetal nin pola historia do monte galego ..
    Vergoña e indignación cunha comunidade que vai por libre desoindo á xente q sabe e q actúa sen criterio e sen respeto..
    Viva o mal, viva o Capital!!

    ResponderEliminar
  3. Rabia e indignación pola falta de respeto ó medio natural, ós exemplares en particular e á historia forestal..
    Tala indiscriminada, sen criterios evidentes.. tratando o monte coma un 'capital' no q faser libremente o queiran..
    Viva o mal, viva o Capital!!

    ResponderEliminar
  4. Chove sobre mollado. Habería que facer unha fonda reflexión sobre a capacidade destas ´persoas´ para xestionar o monte. Simplemente; con qué coñecementos e capacidades?? qué interés move a alguén a formar parte dunha directiva nunha comunidade de montes?? hoxe queda claro que polo amor o monte non é, seguro.
    Haberá quen diga que eles xestionan, pero son os técnicos os que toman este tipo de decisións... e seguro que tamén haberá que pode crer iso. Exemplo: eu chamo a un pintor e dígolle que me pinte o baño de verde fosforito, pode tentar convencerme de que non é o ideal, pero se eu quero o baño desa cor vou pintalo así, e se ese pintor non o fai chamo o seguinte. Se conose que San Xulián ten bo pintor.... parabéns o técnico que xestiona a comunidade, eres un fenómeno ao servizo dos piratas

    ResponderEliminar
  5. Ciertamente somos o peor, non se nos pode dar nada de poder e menos sobre a natureza. Fai 15 días estiven paseando pola zona con un gran amigo inxeñeiro forestai de Coruña e quedou gratamente moi sorprendido por eses ejemplares e a biodiversidade da zona. Palabra demasiado complexa para o humano.

    ResponderEliminar
  6. As veces non sabemos valorar algo tan importante coma o futuro dos nosos fillos porque isto que ágora se perde e algo que eles nunca podrán disfrutar, non me parece tan complicado protexer o noso patrimonio forestal o mellor o que non hai por parte dos políticos interese en facelo.

    ResponderEliminar
  7. Fai anos as comunidades de montes do lago enchían a boca anunciando a bombo e platillo a creación dun xardín botánico (Proyecto de jardín botánico en el lago Castiñeiras - Campo Galego), incluso saíndo na prensa denunciando o abandono do espazo (Manuel Estévez: «El lago está muy abandonado»), solicitando a catalogación como ENIL (Espazo Natural de Interese Local) (El Lago de Castiñeiras, más cerca de convertirse en ENIL) hoxe enchedes os petos cos cartos que vos dan por esas árbores que antes queriades defender. Deixalo estar, non queremos nin precisamos a vosa escura xestión.

    ResponderEliminar
  8. Lamentable. Logo calarán os veciños asfaltando algún camiño ou cambiando o teito a un lavadoiro, realmente penoso que este tipo de xente teña algún poder sobre o monte común....

    ResponderEliminar
  9. A ver se vai a resultar que o que buscan é alugar a casa do antigo garda e con tanta sombra non lucía ben. Nada bo trama esta xente...

    ResponderEliminar
  10. Esto tiene q ser denunciado ante medioambiente, el guarda de la zona debería presentar la denuncia correspondiente, hasta no sé si estarían catalogados. Menudo sacrilegio.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Se agardamos a que o garda denuncie haberá que poñerse comodos...

      Eliminar
    2. Non deberíamos permitir que as nosas árbores, a nosa cultura siga desaparecendo..... Sempre e cando non se cause ningún dano e se teñan que sacar por algunha Forza maior.
      Temos a fortuna inmensa de vivir nun pais,nunha Galiza incrible cun idioma,unha cultura, árbores,castros...e por toda a nosa historia temos que loitar e defenderla sempre sobretodo a propia que nos da a natureza!

      Eliminar
  11. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar
  12. Qué barbaridade! Os montes están seguros nas mans das comunidades de montes? ... Onde está o control por parte da administración!

    ResponderEliminar
  13. Qué barbaridade! A natureza está segura nas mans das comunidades de montes?... Onde está o control por parte da administración!

    ResponderEliminar
  14. Qué tristeza que un espacio de tanta importancia medioambiental esté tan mal gestionado...el arbolado que se ha perdido en estes últimos años es parte del patrimonio botánico forestal de Galicia. Ejemplares únicos e irrecuperables, que deberían haber formado parte del Catálogo de Árboles Singulares de Galicia desde hace tiempo...

    ResponderEliminar
  15. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar
  16. No se puede decir otra cosa más que es una vergüenza la gestión de la Comunidad de Montes.

    ResponderEliminar
  17. Din que a ignorancia e atrevida. Pero este non e un caso de ignorancia, senon de maldade e pensamento primitivo. Desafortunadamente, a CCMM de San Xulian xa se desfixo de arbolado unico na provincia, como por exemplo os primeiros exemplares de pino silvestre da Provincia de Pontevedra plantados en Castiñeiras por Carlos Areses, entre outros. A cousa e grave, pois estas actuacions levanas a cabo con conocemento de causa, levados por un pensamento egoista e miserento de xuntar catro euros a costa de roubarlle o patrimonio vexetal a xente do lugar. A CCMM de San Xulian escapa do razonable con pavor e practica con teson para xestionar o monte da peor maneira posible. Vergonza lles deberia dar.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Rafael Areses Vidal, Enxeneiro de Montes (Carlos Areses e un erro!)
      A CCMM de San Xulian vergonza lles deberia dar......pero non teñen!

      Eliminar
  18. Dixo Albert Einstein: "Hay dos cosas infinitas: el Universo y la estupidez humana. Y del Universo no estoy seguro". A actuacion da CCMM de San Xulian na Lagoa de Castiñeiras e un claro caso de estupidez supina.

    ResponderEliminar
  19. No deberían ceder la gestión de bienes que son públicos a gente que no se encuentra capacitada para ello.
    Todos somos cómplices de la gestión de los montes comunales desde que permitimos que sean gestionados sin control (de facto) por parte de la administración.
    No podemos extrañarnos de que se cometan errores de este calado cuando los llevan cometiendo de forma repetitiva gestionando presupuestos que pagan obra pública sin control alguno.
    El monte está SIEMPRE sucio, el lago lleva años SIN LEVANTAR CABEZA, y por lo menos en acontecimientos como el que se está comentando deberíamos saber (con foto) quién(es) ha(n) tenido la “feliz idea” así quizás en las próximas elecciones dentro de la comunidad De Montes (si hay elecciones) alguno se lo pensaba antes de presentarse.

    ResponderEliminar
  20. No deberían ceder la gestión de bienes que son públicos a gente que no se encuentra capacitada para ello.
    Todos somos cómplices de la gestión de los montes comunales desde que permitimos que sean gestionados sin control (de facto) por parte de la administración.
    No podemos extrañarnos de que se cometan errores de este calado cuando los llevan cometiendo de forma repetitiva gestionando presupuestos que pagan obra pública sin control alguno.
    El monte está SIEMPRE sucio, el lago lleva años SIN LEVANTAR CABEZA, y por lo menos en acontecimientos como el que se está comentando deberíamos saber (con foto) quién(es) ha(n) tenido la “feliz idea” así quizás en las próximas elecciones dentro de la comunidad De Montes (si hay elecciones) alguno se lo pensaba antes de presentarse.

    ResponderEliminar
  21. Así funcionan...se ten valor e ten beleza pois...córtanlle a cabeza!
    Queren as cousas como eles mesmos...sen valor, sumidos na ignorancia e feos...ben feos por fóra e por dentro.

    ResponderEliminar
  22. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar
  23. Onte pasei polo Lago e xa hai un grupo de persoas arreglando a casa do garda. O final destan o parque paea alugar a casa. Que vergoña e, sobre todo, que ignorancia. Non tería moito máis valor totalmente integrada no espazo. Parabéns San Xulián, cada día sinto máis asco

    ResponderEliminar
  24. A propiedade do terreno é desa CMVMC de San Xulián, que á vista está funcionan dun xeito caciquil. Pero o patrimonio natural ten un valor público de toda a veciñanza. O concello de Marín vai actuar ao respecto ?

    ResponderEliminar
  25. Sintome como veciño avergoñado duns incapaces personaxes. FORAAAAAAA

    ResponderEliminar