jueves, 3 de octubre de 2024

MARIN. QUE LA FIESTA NO PARE. SIGUE.. SIGUE... SANTOMÉ DE PIÑEIRO PON EN MARCHA A FESTA DA MAZÁ E DA SIDRA (FIN DE SEMANA DO 4 O 6)

A exaltación da mazá e da sidra volve un ano máis o Campo da Festa de Santomé
O artista pintor marinense Antón Sobral será o encargado de pronunciar o pregón

Acto de presentación da Festa da Mazá e da Sidra. Foto CN/CM

La parroquia de Santomé de Piñeiro acollerá esta fin de semana a tradicional Festa da Mazá e da Sidra, que se celebrará desde mañán día 4 ao 6 de según foi presentada no Campo da Festa polos concelleiros Pablo Novas (Rural) e Marián Sanmartín (Cultura e Festas) acompañados por representantes da Comisión e da Comunidade de Montes, ademáis do armador Manuel Nores que colabora económicamente coa festa.
A programación arrancará mañán, ás 21.30 horas co grupo Claxxon e ás 00.00 co DJ JJ Compota. O sábado, 5 de outubro, as actividades comezarán ás 10.00 horas coa apertura dos postos de venda de sidra, mazás, artesanía… Ás 12.00, será a Xuntanza de Motos Clásicas e ás 15.00 horas poderá visitarse a exposición de maquinaria agrícola, a cargo de Toedo.
Pola tarde, a partir das 16.00 horas xa estarán abertas as colchonetas inchables e ás 17.00, de novo Xuntanza Moteira. Máis entrada á noite, a partir das 20.00, ofrecerase chocolatada de balde para os asistentes e ás 22.00 horas Gran Verbena, amenizada pola orquestra Tattoo e despois o DJ Josinho.

O pintor marinense, Antón Sobral, pronunciará o pregón da festa o domingo 

O domingo, ás 11.00 horas haberá Ruta Cabalar. Para participar, será preciso inscribirse nos teléfonos 687 52 94 04 ou 661 20 33 31, con data límite ata o xoves. A sesión vermouth estará amenizada pola Charanga Charandonga para despois iniciar o pregón, a cargo do artista Antón Sobral.
Finalmente, ás 17.00 horas haberá carreira de Ponis e Burros, con premios para os participantes. Ás 18.00 horas, haberá concurso de postres caseiros de mazá, con premios para os tres primeiros. A noite estará amenizada polo Dúo Explosión.
A previsión e de que se repartan cerca de 4.000 quiños de mazás e 2.000 litros de sidra.
  

No hay comentarios:

Publicar un comentario