Manuel Pazos Lamoso, portavoz do Grupo Municpal Socialista: "Por deixar as cousas claras sobre a Comisión de Aparcamento vou explicar a postura do meu partido neste tema"
1. Quen propón esa comisión é o BNG e o fai no pleno do pasado mes de agosto.
2. O PP convoca esa comisión, e o BNG asiste para dicir (segundo eles mesmos indican) que o lugar para discutir sobre este temas é o pleno e as comisión informativas, non esa comisión que eles mesmos solicitaron.
Non sei, canto menos moi lóxico non parece... Pero a pregunta clave non é por qué pide eso o BNG, se non por qué acepta María Ramallo cando...
A. Leva anos gobernando. B. Tumbaron todalas mocións sobre os aparcamentos que levamos presentado dende o PSOE (tamén as do BNG). C. Fixeron modificación con planeamento urbanístico e nin se dignan a comentalo co resto de partidos ata que moitos meses despois ten que pasar polo pleno. D. Fixeron a estratexia de mobilidade sen ningún tipo de acordos nin reunión de traballo.
Pois a resposta para min é clara: María Ramallo viu unha boa ocasión para facer crer que é problema na que son responsables todolos partidos políticos e non que a falta de aparcamento é a consecuencia dos seus actos e decisións ao longo de tantos anos.
E por eso o PSOE xa dixo dende o principio que non participabamos nese paripé da señora. Ramallo, e seguiremos levando aos plenos todolas iniciativas que consideremos útiles para solucionar este problema creado polas politicas do goberno local.
Aclarada queda a nosa postura
No hay comentarios:
Publicar un comentario