martes, 30 de marzo de 2021

MARÍN. BOAS NOTICIAS. A PISCINA MUNICIPAL REABRE AS SUAS PORTAS

MARÍN. 30.03.2021. Despois de tanto tempo pechada debido as consecuencias da situación epidemiolóxica do COVID-19 a Piscina Municipal de Marín informa de que o vindeiro luns 5 de abril volverá a abrir as suas portas, tras consensuar co Concello de Marín unha serie de modificacións para mellorar as instalación un mellor cumprimento do servizo.  O horario de apertura será Luns a venres: de 8:00 a 13:00 e de 16:30 a 21:30. Sábados, domingos e festivos: de 10:00 a 13:00.

A dirección do centro informe de que “compensaranse os servizos pagos e non gozados por mor das medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia. Os abonados afectados polos peches perimetrais, xa foron baixa administrativa polo que teñen que efectuar a alta se queren continuar.”

Hacer click encima de la imagen para ver con mayor nitidez

No hay comentarios:

Publicar un comentario