El pasado mesde junio la Corporación Municipal
traspasaba el ‘ecuador’ de la legislatura municipal 2023/2027. Puede decirse
que estamos a año y medio de unas nuevas elecciones municipales y es por ello
que desde el blog ‘cousasdecarragal’ informamos mediante entrevistas, del balance que cada grupo
municipal hace de estos dos primeros años de gobierno (PP) y oposición (PSOE y
BNG). Hoy lo hacemos con el balance que nos traslada el BNG a través de entrevista con su portavoz:
Lucía Santos, voceria do BNG: "Mentres desde o PP se proxecta unha vila dinámica e moderna, o tecido social e o espazo público amosan sinais evidentes de estancamento e desgaste"
¿Cómo definiría o modelo de goberno do PP que o BNG
aprecia nesta primeira mitade de lexislatura?
LS - O período de goberno encabezado por María Ramallo,
tal e como vimos sinalando noutras ocasións sustentase nunha xestión administrativa
centrada no día a día, máis preocupada por resolver incidencias puntuais que
por definir un proxecto estratéxico de vila. O modelo do gobernó do PP pode
resumirse en: falta de planificación; política de imaxe e aparencia de xestión.
¿Non se entende entón esta apreciación que fai
vostede cando dende o PP veñen anunciando tantos proxectos, uns en execución e
outros en marcha?
LS -A narrativa institucional insiste en transmitir
unha imaxe de progreso e investimento constante; porén, a análise dos proxectos
executados amosa un desequilibrio evidente entre o que se anuncia e o que
realmente se materializa, xerando unha sensación xeral de parálise e descoordinación
e falta de control, transparencia e participación.
¿Qué pretende transmitir con esta visión tan contraria o que parece unha realidade que vostede fai?
LS - Esta análise permite concluír que o goberno do Partido Popular opera baixo un modelo político esgotado, sustentado na aparencia de actividade, pero con escasa capacidade transformadora. A prioridade pola imaxe substitúe á planificación, e a acumulación de proxectos inconclusos, prórrogas e actuacións sen uso, tradúcese nunha xestión máis orientada á visibilidade pública que aos resultados. Este patrón xera unha fenda crecente entre o discurso institucional e a realidade: mentres se proxecta unha vila dinámica e moderna, o tecido social e o espazo público amosan sinais evidentes de estancamento e desgaste.

- E para rematar...
LS - En definitiva, o balance do mandato popular pode resumirse nunha frase que resume o espírito destes anos de xestión: Un mandato marcado pola improvisación, a falta de planificación e unha política da imaxe que substitúe á xestión efectiva.
No goberno semella habitar a nosa Penélope do poema de Díaz Castro: “Un paso adiante i outro atrás, Marín, i a tea dos teus sonos non se move”.

Nota de 'cousasdecarragal' a los lectores: También hemos solicitado el balance al PP y PSOE sin que hasta el dia de hoy se nos haya hecho llegar. Si lo hicieran, así lo haríamos.
  
Boas, como residente en Marín non entendo como tendo unha canteira, como a da Laxe, prácticamente a unha carreiriña de can do Concello, o partido gobernante non a tivese en conta cando foi o tema do Auditorio, canto máis sabendo que pola súa orografía media obra xa estaba feita, co cal eses sobrecostes que vai ti a saber porque sempre aparecen de supeto igual menguaban "en demasia", e imaxino que non habería problemas en intentar facer un "párking" sen chegar a atopar o mar. Baixo a miña opinión persoal esta sería unha pregunta interesante para que o partido gobernante dese a súa explicación pertinente.
ResponderEliminar