miércoles, 15 de octubre de 2025

MARIN. A ENTREVISTA. HOXE. MARIÁN SANMARTÍN GARCÍA, CONCELLEIRA DE FESTAS. 'O SAMAÍN DE BRIZ 2025'

"Como anos anteriores o Samaín propón as rutas do medo, as estacións de acceso libre, os espectáculos e o PequeSamaín, entre outros atractivos"


A concelleira de Festas, Marián Sanmartín, presentou a imaxe do cartel do ‘Samaín Briz 2025’ xunto coa Fundación Juan XXIII despois de manter varias reunións cos colectivos que colaboran no desenvolvemento da festa. 
Como anos anteriores volverán as rutas do medo, as estacións de acceso libre, os espectáculos e o PequeSamaín, entre outros atractivos, según avanza na seguinte entrevista:
- ¿En qué estado se atopa a programación do Samaín deste ano?
-Pódese decir que xa está ultimada para qua Marín convertase unha vez máis nunha auténtica vila de medo e diversión. O Samaín Briz volverá ser o gran evento da noite do 31 de outubro e o Concello xa está inmerso en toda a planificación.
- ¿Qué´colectivos ou entidades colaboran en todo o entramado organizativo?
-Xunto coa Fundación Juan XXIII, colaboran a Comparsa Os da Caña e o Club Deportivo La Peña que volverán ser os piares deste evento, aos que xa se lles sumaron o ano pasado as comparsas Cor Café, Val do Lérez, as Sonecas e este ano tamén a comparsa A Pandilla.
-¿Pode adiantarnos algún dos aspectos que dan forma o 'Samaín Marin 25'?
- Teremos de novo rutas do terror, ás que haberá que acceder facendo cola, pero tamén haberá percorridos de acceso libre por toda a finca con distintas estacións do medo, actividades todas elas que se desenvolverán entre a tarde e a noite previa ao festivo de Todos Os Santos, e decir, o VENRES DIA 31.
- ¿Qué actividade destacaría en especial?
- Sí. Os espectáculos da Lagoa principal terán dous pases e serán de temáticas relacionadas co Samaín. Ademais, a zona do PequeSamaín, que volverá ubicarse no Auditorio, contará coa decoración de espantallos, realizados en colaboración coas persoas usuarias dos centros de día de Marín. Animamos aos peques que sigan esta temática nos seus disfraces.


- ¿En canto co mercio local e a hostelería que tipo de colaboración lle pediría?
- Que se animen xunto coas ás comunidades de veciños do entorno a que se sumen á decoración deste día, no que transformamos a Granza de Briz nun auténtico parque do terror.
- ¿Qué inversión lle supón ao Concello de Marín esta festa?
-A inversión que o Concello fai na festa, é de 50.000 euros, contando cunha subvención da Deputación de Pontevedra de cerca de 25.000. Esta contía destínase a pagar a todas ás entidades colaboradoras, á loxística, ás actuacións e espectáculos e á xestión do PequeSamaín, con monitorado.
-¿Algún detalle máis que aportar?
-Simplemente decir que ao longo dos próximos días, iremos desvelando máis detalles da programación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario