"Con gran pulso narrativo renova en 'Contos gringos' a tradición relatista galega.
MARÍN. 20.10.2025. O pasado sábado dia 18 a sede de Afundación de Vigo
acolleu, baixo o lema de Castelao, “A tradición é a alma eterna de Galiza” a
gala de entrega da XLVII edición dos Premios da Crítica da Galiza que recoñece
artistas e creadoras nas modalidades de Creación Literaria, Investigación en
Ciencias e Tecnoloxía, Investigación en Ciencias Sociais e Humanidades, Música,
Iniciativas Culturais e Científicas, Artes Plásticas, Artes Escénicas, Cine e
Artes Audiovisuais, Cultura Gastronómica e Cultura Dixital.
![]() |
Lara Dopazo: "Os Contos gringos seguen a camiñar, e que fortuna teño de que haxa quen os lea e goce deles". Foto: SA |
No acto xuntáronse máis de 300 persoas
representativas dos diversos ámbitos da política, da sociedade e da actividade
cultural do país para seguir a cerimonia final, da entrega dos Premios da
Crítica. Na modalidade de Creación Literaria, acordou outorgar por maioría o
premio a Contos gringos da escritora
marinense Lara Dopazo Ruibal,
polo estilo e a intensidade das voces que se individualizan en cada relato para
caracterizar os distintos personaxes.
"Con gran pulso narrativo, Lara Dopazo renova
en 'Contos gringos' a tradición relatista galega. A escolla dun vibrante manexo
textual logra que calquera suceso cotiá poida converterse e extraordinario…” según
se expón na acta do xurado. (Leer información ampliada)
No hay comentarios:
Publicar un comentario