Celia García, concelleira do BNG: "O Goberno Local debe actuar de inmediato coa desinsectación e control sanitario da zona"
A situación está a causar picaduras entre o alumnado do colexio da Inmaculada o que demostra a urxencia de actuar e adoptar medidas de control efectivas.
![]() |
Alumna del colegio de la Inmaculada muestra las picaduras que le originaron las pulgas procedentes de una colonia de gatos cercana al centro |
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) denunciou, no pasado pleno “a aparición dunha praga de pulgas nas inmediacións do Colexio da Inmaculada, que está a afectar ao alumnado e á veciñanza da zona.” Segundo testemuños recollidos pola veciñanza, a orixe está “na colonia de gatos existente no solar de Méndez Núñez, o que pon de manifesto a falla de control e mantemento por parte do Concello.” Pola súa parte a concelleira nacionalista Celia García Santomé reclamou ao goberno local “que actúe de inmediato, realizando tarefas de desinsectación e limpeza, así como medidas de control sanitario e xestión das colonias felinas para evitar que o problema se agrave e se estenda a outras áreas próximas. A situación está a causar picaduras entre o alumnado, o que demostra a urxencia de actuar e adoptar medidas de control efectivas. (Ver información completa)
No hay comentarios:
Publicar un comentario