miércoles, 30 de octubre de 2024

MARÍN. A OPINIÓN DO LECTOR. 'TEMPOS TRISTES PARA O LAGO DE CASTIÑEIRAS'. AUTOR: GASPAR BERNÁRDEZ VILLEGAS

"Nunha actuación incomprensible, sobre unha aliñación de árbores sen ningún problema fitosanitario nin biomecánico, a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Xulián (Marín) propietarios desa parte de Castiñeiras, decidiu cortar as tuias"
 
Imaxe de unha tala de onte, 29 de outubro. Foto A. Glez.

"En Cotorredondo empezó la reforestación de España, entendida como un plan general que hoy calificaríamos de racional, equilibrado y sostenible", con estas palabras define López Torre no seu libro La reforestación de Pontevedra. El gran proyecto de Daniel de la Sota hecho realidad, 1927- 1958. 
Hoxe Castiñeiras amenceu cun ruído ameazante, un que as árbores non queren escoitar... chegaron as motoserras, outra vez... A sebe de tuias xigantes que subía dende o lago ata o antigo Centro de Recuperación de Fauna de Cotorredondo, plantadas na década dos anos 50 de século pasado e onde se atopaban algúns dos exemplares de maiores dimensións de Galiza, morreu, ou máis ben matárona. Nunha actuación incomprensible, sobre unha aliñación de árbores sen ningún problema fitosanitario nin biomecánico, a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Xulián (Marín) propietarios desa parte de Castiñeiras, decidiu cortar as tuias. 
É certo que están na súa propiedade, ninguén o discute pero, non terán suficiente madeira en 300 hectáreas de piñeiros e eucaliptos que teñen que aproveitar, asasinar, as árbores históricas do concello? Ou como apunta o libro de López Torre, de Pontevedra??? Seguro que atoparán unha escusa do máis convincente, risco de caída ou problemas cos fungos.... todos os exemplares? 



Parece complicado, por non dicir imposible. Isto ata podería parecer anecdótico, pero non... coa de hoxe son ducias as agresións que están a sufrir as árbores en Castiñeiras nos últimos anos. Este verán sen ir máis lonxe, coa escusa de eliminar tres piñeiros secos na contorna do parque infantil cortáronse 18 exemplares. Non eran piñeiros calquera, trátase dunha especie moi pouco ou nada representada en Galiza, onde non hai outros exemplares destas dimensións nin idade. 
Fai uns anos pasou o mesmo cos carballos americanos fronte a que ata hoxe era a sede de tuias máis grande de Galiza, dun día para outro talláronse hectáreas de árbores plantados a mediados do século pasado. .......e outra vez atentouse contra o noso patrimonio forestal, porque éste non solo e de San Xulián, o patrimonio non ten dono. 
Fdo. Gaspar Bernárdez Villegas
Doctor en Investigación Agraria e Forestal

No hay comentarios:

Publicar un comentario