"Dende hai un par de anos o BNG de Marín estase a preparar con forza, ilusión e moito traballo en ser a oposición construtiva que Marín merece..."
- ¿Cando entrou en política e por qué no BNG)
Para min a política é unha paixón, e como tal, a miña vida está rodeada da súa influencia. Entrei en política por primeira vez no ano 2021, cando o BNG de Marín se puxo en contacto comigo e non dubidei. Durante a miña etapa estudantil tiven a posibilidade de entender e analizar os diferentes partidos a nivel municipal. Foi aquí cando o ‘modelo BNG’ comezou a chamarme a atención, un modelo baseado no benestar e as políticas sociais, mantendo sempre obxectivos de mellora da calidade de vida das persoas. Son Concellos que medran, tanto económica coma cultural ou tamén demográficamente, innovadores e con capacidade de goberno e, tras coñecelo, non podía ter sido doutra forma que, de comezar unha etapa política, sería no Bloque Nacionalista Galego.
- ¿Qué supón para vostede haber sido elexido concelleiro/a?
Un inmerso orgullo tanto para min persoalmente como porque a xente confiara no noso proxecto. Penso que o BNG é unha equipa de oposición construtiva e capaz, non pararemos de traballar polo que merece a nosa xente. Aquelas que formamos parte estamos comprometidas coas e cos marinenses e iso fai que todo sexa máis sinxelo, hai un grupo con moi boa relación, moi preparados e que non descansa un minuto por continuar esforzándose e dedicándonos por mellorar a vida das persoas do noso pobo.
- ¿Qué defenderá ou promoverá dentro da área que ten asinada no grupo?
Queremos un maior benestar para a nosa xente, ese é o noso obxectivo. Iso implica escoitar e traballar polas parroquias e polo centro, por crear espazos públicos verdes, polo comercio local, por medidas para a mocidade, pola sanidade, por facer un Concello vivo e dinámico e un longo, longo etcétera que ben explicamos no noso programa electoral.
- ¿Si houbese formado parte do gobernó municipal cal sería a
primeira actuación que acometería?
Obxectivamente a resposta é que hai que observar a situación actual na que se atopa o Concello e ser fieis ao noso programa mais, se puidera facer unha cousa, sería abrir Marín ao mar, que se recupere espazo para o beneficio do pobo.
- ¿Qué ‘puntos débiles’ ten Marín que se deberían correxir...
A xestión dos servizos sociais pode ser, persoalmente, unha das cousas que me parecen relevantes de mencionar. A situación da sanidade merece a atención do goberno porque así se pide nas concentracións de Seixo e Marín. O Goberno ten que ter completa transparencia. A vivenda é de moi difícil acceso porque levamos máis dunha década sen construír edificios, os mesmos anos que levamos perdendo poboación. Queremos que Marín medre e para iso trataremos de representar á cidadanía de Marín da mellor forma.
Celia M. García Santomé, no acto de toma de posesión do seu cargo político de concelleira do BNG do Concello de Marín, o pasado mes de xuño.
- E que ‘puntos fortes’ ten que según vostede non se están ‘aproveitando ben’ por parte do gobernó municipal?
Marín ten moita capacidade para ser un pobo de referencia por situación e polo seu litoral, mais temos un paseo marítimo no que non miramos o mar, un patrimonio moitas veces abandonado e unha realidade de conformismo co pobo. Cando levas certo tempo nun cargo, o que se espera é medrar co paso dos anos, que asentando un goberno é viable realizar melloras máis pequenas ou máis grandes, espazos verdes, abrir o pobo ao mar, poñer a vista no medio ambiente...e, en realidade, poucas deste tipo de medidas podemos mencionar do goberno actual. Nós somos realistas mais ambiciosos en buscar a calidade de vida das e dos marinenses. Porque merecen moito máis.
- Para rematar....
O que me gustaría engadir é que dende hai un par de anos o BNG de Marín estase a preparar con forza, ilusión e moito traballo en ser a oposición construtiva que Marín merece, temos capacidade de goberno e sempre intentamos ser serias co noso posto, escoitar a toda a cidadanía. Para nós é un orgullo a suba que tivemos de representación no Concello polo que non paramos nin un minuto de traballar no seu beneficio e, sobre todo, agardamos que así o sinta a xente.

No hay comentarios:
Publicar un comentario