viernes, 22 de septiembre de 2023

MARÍN. O BNG INSTA A RETIRADA DO CARTAZ DE SAN MIGHELEIRO (BARBIGHELEIRA) POR SEXISTA E INAPROPIADO

Lucía Santos: "Perpetúa estereotipos de xénero e xera malestar entre a veciñanza polo seu contido sexista e inapropiado e promove o consumo do alcol"



MARIN. 22.09.2023. O Bloque Nacionalista Galego (BNG) expresou a súa preocupación e xa instou ao Goberno Municipal de Marín a retirar o seu apoio ao cartaz promocional para a festividade de San Migheleiro, programada para o vindeiro 30 de setembro. A solicitude basease na presenza de contido sexista e inapropiado cartaz, que amosa o deseño dunha boneca Barbie con complementos e promove o consumo de alcol.
Lucía Santos, portavoz do BNG, recoñeceu a boa intención da organización ao empregar a imaxe desta boneca, dada a popularidade da súa película. Non obstante, considera que o deseño do cartaz non é o apropiado e transmite unha imaxe negativa ao empregar o rol da imaxe feminina e perfecta da boneca Barbie, asociando a cor rosa ás mulleres. Asemade, expresou o seu descontento polo uso dun xoguete infantil para fomentar o consumo de alcol, tal como se representa no kit de cervexa que aparece no deseño do cartaz. 
Lucía Santos subliña que dende a Concellaría de Igualdade debería garantir o cumprimento dos obxectivos de cara a avanzar cara unha sociedade igualitaria e non promover mensaxes que vaian en contra da normalización neste ámbito.
 


No hay comentarios:

Publicar un comentario