miércoles, 1 de mayo de 2024

MARÍN. AÍ VEN O MAIO.... HOXE EXPOSICIÓN NA ALAMEDA ROSALÍA DE CASTRO (ÁS 12.30)

Foto: DP

Desde tempos inmemoriais Galicia celebra a chegada da primavera no día primeiro do mes de Mayo coa Festa dos Maios, construcións florais, verdadeiras obras de arte, realizadas con fiuncho, naranxas, flores silvestres, ovos… que se expoñen na praza maior, ou alamedas, do pobo para saír despois percorrendo as rúas acompañadas por un grupo de nenos ou mozos que os elaboraron cantando ao son de ‘troques’ duns paus cos que acompañan as ‘cantigas’ das coplas as veces irónicas ás veces críticas con feitos ou personaxes do seu pobo ou cidade.

En Marin as Festa dos Maios recuperouse no ano 1952 grazas á fundación da Asociación de Cultura e Arte Santa Cecilia (na actualidade Ateneo Santa Cecilia) da que formaban parte insignes marinenses como o pintor Manuel Torres ou o farmacéutico Félix Massó, en cuxa ‘botica’ se ideou o nacemento da citada entidade cultural. Desde entón a tradición perdurou no tempo converténdose nun dos eventos populares máis destacados do calendario de festas populares e tradicionais marinenses, organizado polo Ateneo Santa Cecilia co apoio do Concello de Marín e participación dos colexios do municipio.

Programación para hoxe: 
Ás 12:30h exhibición dos maios na Alameda ‘Rosalia de Castro’ de Marín, onde podrán admirar os tipos de maios participantes e a súa ornamentación: 9 maios e 7 embarcacións. E ás 17:00 horas realizarase o concurso no Multiusos da Praza de Abastos, 

No hay comentarios:

Publicar un comentario