Orquestras, concertos, pasarrúas, actividades infantís, DJs... Con estas festas "tratamos de chegar a todas as persoas e a todas as idades, porque sabemos que son uns días nos que a nosa vila está chea de xente e hai que tratar de diversificar a actividade".
Aínda que queda moito verán, o Carme sempre será un momento especial na época estival, tanto no centro urbano de Marín, onde tamén se puido desfrutar da III Festa dos Viños da IXP Ribeiras do Morrazo, como no núcleo de Seixo, onde celebraron esta fin de semana as súas festas, en colaboración con Acemas."
"Ademais, estas festas tamén
estiveron marcadas pola estreita relación entre Marín e a Escola Naval Militar,
onde virá estudar proximamente a Princesa de Asturias. A súa presenza na
entrega de Reais Despachos supón o primeiro acontecemento do que será a súa
estancia na vila.”
No hay comentarios:
Publicar un comentario