O Grupo Municipal do BNG insiste en reclamar o Goberno Municipal solución aos problemas de aparcamento. No contenido da súa exposición e según manifestaba o concelleiro Tino Iglesias no Pleno: do pasado día 11 reiteraba a urxencia de tomar medidas concretas para mellorar a situación da mobilidade, do tráfico e dos problemas de aparcamento. Iglesias subliñou, como xa o fixera no pleno do 13 de xuño, “a necesidade de levar a cabo a creación dunha Mesa de Mobilidade que permitiría a participación activa de todos os actores implicados, asegurando que se adopten decisións que beneficien a toda a comunidade…
”Todo elo baixo a tesitura de que “a problemática da falta de aparcamento en Marín converteuse nun asunto de máxima urxencia para a veciñanza, especialmente durante os días de festa. A eliminación do aparcamento a carón do porto agravou aínda máis a situación, dificultando a vida diaria tanto dos residentes como dos visitantes.
Pola sua parte a voceira do BNG, Lucía Santos, solicitou á alcaldesa María Ramallo que se inicien de inmediato as xestións oportunas para pedir ao INVIED a mellora dos terreos da súa propiedade situados na barriada Virxe do Carme. Esta zona de aparcamento (en la imagen), situada xunto á pradeira do río Lameira, atópase en pésimas condicións debido ás intensas chuvias deste inverno, que converteron o chan en lameiras e formaron socavóns de grandes dimensións, dificultando o paso de vehículos e, en consecuencia, o aparcamento. (Leer información completa)
No hay comentarios:
Publicar un comentario