jueves, 19 de marzo de 2026

MARIN. MOCION DO PP. TEMA APARCAMIENTOS.

 
"A regulación do estacionamento urbano non se fai a golpe de ocurrencias"
Postura do Partido Popular defendida por Francisco Estévez, a raíz da moción del PSOE tratada no Pleno
Como todos os Concellos do noso tamaño, as grandes cidades e, en xeral, todas as áreas urbanas, é necesario que nos enfrentemos á regulación do estacionamento e iso é o que levamos facendo todos estes anos. De feito, como somos coñecedores desta necesidade e hai decisións que se deben tomar a moi longo prazo, no seu día, a alcaldesa tratou de crear unha Mesa de Mobilidade que non puido existir porque vostedes (o Partido Socialista) decidiron non participar. E agora veñen con mocións que son ocurrencias e, de feito, non se axustan á realidade. Vexamos. Cando falan de que existe un problema de estacionamento do Porto, que provoca que se ocupen prazas no espazo público de Marín, supoño que é porque non se molestou en preguntar polos datos á Autoridade Portuaria, a pesar de formar parte do Consello de Administración da mesma. No interior do recinto portuario hai 1.431 plazas de estacionamento, sinalizadas, pintadas e monitorizadas e dispoñibles para a súa consulta a través dunha aplicación específica para os e as traballadoras do Porto. No que respecta á propia Autoridade Portuaria, ten aparcadoiro subterráneo baixo as súas oficinas. Se temos en conta que entre as 06.00 e as 09.00 horas entran polas dúas entradas do Porto cerca de 1.200 vehículos e que saen unha media de 170… Facendo o cálculo, vése facilmente que non hai un máis coches que prazas. Son máis de 200 prazas dispoñibles. E referímonos tanto a turismos como a pequenas furgonetas. Faelmos agora dos camións. No caso deste tipo de vehículos, teñen prazas de estacionamento específicas, debidamente sinalizadas e pagan unha tarifa correspondente aos días que teñen que estar alí. Así que, vostede (Sr. Pazos Lamoso) demanda unha serie de cousas ao Porto que este xa ten feitas: implantou ferramentas para ordenar o estacionamento, impulsou aplicacións electrónicas, colocou paneis informativos nas entradas e caídas, permiten a reserva de espazos para camións con antelación… Así que, o punto 1 da súa moción, creo que queda totalmente explicado e demóstrase que está feito. Sobre o punto 2, vostede propoñe que se impulsen medidas para fomentar o transporte compartido, pero creo que non entende como é a realidade do traballo que se realiza nas empresas do Porto.  É prácticamente de imposible execución: a lonxa, as empresas, as oficinas, os traballos de estiba e desestiba, os servizos auxiliares… cada un ten as súas propias quendas horarias, sendo incluso varias dentro dunha mesma empresa. Ademais (e por sorte), ao Porto de Marín veñen a traballar persoas de moitos sitios distintos, tanto da nosa comarca como da provincia e de Pontevedra. Isto non é un espazo con horario funcionarial, onde todos máis ou menos coinciden en horarios e planificación. No caso de que exista posibilidad de compartir coche, os propios traballadores autoorganízanse e pouco ou nada máis pode facerse. Así que, con todo o proposto enriba da mesa, ten que entender que o noso voto a esta moción sexa negativo. Primeiro, por obsoleta (do que pide, moito xa está feito). Segundo, por mal enfocada (non ten os datos, que desbotan o que di) e terceiro, por ocurrente, porque hoxe ven con isto e mañá outra cousa pensando que a mobilidade dun municipio pode traballarse así, segundo lle veñan ideas.  

2 comentarios:

  1. Igual si repites o mesmo un par de veces os miolos de algúns sorprendense de que as orelleiras físicas, nun principio, non foron feitas para os seres humans. Blablabla, cando en pleno centro de Marín temos unha amplia explanada onde poderían estacionar centos de vehículos. Obviamente para liberar esa zona baleira que semella que se rí de todos os marinenses, únicamente sería necesaria vontade política. Retrancar esa porta que está en pleno centro de Marín chamada como o emérito non sería tan costoso para a parte proporcional que lle correspondería a os impostos que pagamos todos os cidadans de ben, e os 23.000 habitantes de Marín poderíamos volver a disfrutar como os nosos avos de ese trociño de Marín infrautilizado e que nos teñen vetado.

    ResponderEliminar
  2. De verdad que está muy bien que arreglen aceras y planten gráciles florecillas. El problema es que con tanta humanización, no sé donde vamos a meter los coches salvo lis afortunados que viven en la Alameda.
    También está el tema de que pagamos un impuesto de circulación no sé para circular por dónde. Los aparcamientos disuasorios no cubren ni las plazas que nos robaron con las obritas. De cargaron un pequeño mueble de barcos, emblema de la Villa como tantos otros pueblos marineros. Queremos un Bueu o un Sanxenxo en Marín. Eso es imposible con la industria que hay montada, no se puede tener todo. Eso síi, de festilñas estamos surtidos, que si Corsaria, Halloween degustaciones, ferias, EL OPIO DEL PUEBLO. TENEMOS LO QUE NOS MERECEMOS. Aquí no lasa nada, nadie protesta, todos contentos. Que suban los impuestos!!!

    ResponderEliminar