Davinia Lojo, concelleria nacionalista: "A proposta do PSOE non só é que non está suficientemente fundamentada senón que ademais establece unha relación directa entre a falta de aparcamento no porto e os problemas de estacionamento e tráfico en Marín sen achegar datos que o acrediten"
El Grupo Municipal del BNG, a través de su concejala, Davinia Lojo, justifica la decisión de los nacionalistas de no apoyar (mediante su abstención en la votación) la propuesta del Grupo Municipal Socialista respecto a ""instar a la
Autoridad Portuaria del Puerto de Marín a elaborar un estudio de movilidad para
reducir la presión de estacionamiento sobre la villa", argumentando que "o enfoque da moción non foi o máis axeitado pois parte dunha diagnose que non só é que non está
suficientemente fundamentada senón que ademais establece unha relación directa
entre a falta de aparcamento no porto e os problemas de estacionamento e
tráfico en Marín sen achegar datos que o acrediten. Entendemos que pode existir relación entre ambas
cuestións, e ninguén nega que a actividade portuaria poida ter incidencia na
mobilidade do municipio. Pero unha cousa é que existan fenómenos coincidentes
ou relacionados, e outra moi distinta é afirmar, sen datos técnicos que o
avalen, unha relación directa de causa-efecto".
Cómpre ter en conta tamén que a Autoridade Portuaria
de Marín xa está a desenvolver iniciativas de xestión e monitorización do
estacionamento dentro do propio recinto portuário, ainda que non como un PLAN
DE MOBILIDADE SOSTIBLE O QUE REQUIRE UN TRABALLO DE CAMPO mais laborioso, si
que dendê o 2024 puxéronse en marcha sistemas tecnolóxicos de control e
monitorización das prazas de aparcamento, mediante cámaras e ferramentas
dixitais que permiten coñecer en tempo real o nivel de ocupación das distintas
zonas do porto.
Por suposto, estas medidas non van a resolver por
completo o problema da mobilidade, pero si indican que xa existen actuacións en
marcha orientadas a mellorar a xestión do estacionamento e do tráfico interno
dentro do propio recinto portuario. (Leer exposición completa)
No hay comentarios:
Publicar un comentario