Contenido del argumentario del Grupo Municipal del BNG, expuesto por la concelleira, Davinia Lojo, con el que justifican su abstención en la votación en el debate del Pleno de la moción del Grupo Municipal Socialista de "instar a la Autoridad Portuaria del Puerto de Marín a elaborar un estudio de movilidad para reducir la presión de estacionamiento sobre la villa"
Parte dunha diagnose que non só é que non está suficientemente fundamentada senón que ademais establece unha relación directa entre a falta de aparcamento no porto e os problemas de estacionamento e tráfico en Marín sen achegar datos que o acrediten.
Entendemos que pode existir relación entre ambas cuestións, e ninguén nega que a actividade portuária poida ter incidencia na mobilidade do municipio. Pero unha cousa é que existan fenómenos coincidentes ou relacionados, e outra moi distinta é afirmar, sen datos técnicos que o avalen, unha relación directa de causa-efecto.
Confundir correlación con causalidade non axuda a resolver o problema. Entendemos que o problema de aparcamento en marin é algo estructural. Ademais, a propia moción fai referencia á Lei 9/2025 de Mobilidade Sostible para xustificar a necesidade de elaborar plans de mobilidade ao traballo. Evidentemente, unha moción pode instar a outras administracións a adoptar determinadas medidas. O problema non é ese, senón que a normativa que se cita non se analiza con suficiente rigor.
En primeiro lugar,o artigo 26 desta lei establece a obrigatoriedade destes plans para centros de traballo con máis de 200 persoas empregadas ou 100 por quenda, e segundo o propio informe de xestión da Autoridade Portuaria de Marín o persoal sitúase segundo os últimos datos publicados no informe de xestión do porto do 2024, arredor das 85 persoas, polo que non estaría dentro dese suposto.
Por outra banda, o artigo 25 regula a figura dos chamados “grandes centros de actividade”, que é aqui onde entrarían espazos como o do porto, pero tamén establece que os criterios para identificalos deben ser fixados posteriormente polos ministerios competentes. É dicir, a propia norma remite a un desenvolvemento posterior destes critérios, que , por certo, ainda non están desenvoltos, que son os que permitirían determinar que centros están obrigados a elaborar estes plans. Polo tanto, non estamos diante dunha obriga automática nin directamente aplicable neste caso. Ademais, a propia normativa establece que estes plans deben ter en conta o Plan de Mobilidade Urbana Sostible da entidade local correspondente, o que apunta claramente a unha lóxica de planificación integral da mobilidade e de coordinación entre administracións.
Cómpre ter en conta tamén que a Autoridade Portuaria de Marín xa está a desenvolver iniciativas de xestión e monitorización do estacionamento dentro do propio recinto portuário, ainda que non como un PLAN DE MOBILIDADE SOSTIBLE O QUE REQUIRE UN TRABALLO DE CAMPO mais laborioso, si que dendê o 2024 puxéronse en marcha sistemas tecnolóxicos de control e monitorización das prazas de aparcamento, mediante cámaras e ferramentas dixitais que permiten coñecer en tempo real o nivel de ocupación das distintas zonas do porto.
De feito, A través dunha aplicación móbil chamada "Apparcamientos pto Marín" e de paneis informativos instalados nos accesos ao recinto, os usuarios poden consultar a dispoñibilidade de prazas e optimizar a circulación interna.
Ademais, estes sistemas permiten tamén xerar datos que permiten á autoridade portuária analizar os patróns de uso e de comportamento do estacionamento dentro do porto, o que facilita a adopción de medidas de xestión do tráfico e da mobilidade baseadas en datos.
Por suposto, estas medidas non van a resolver por completo o problema da mobilidade, pero si indican que xa existen actuacións en marcha orientadas a mellorar a xestión do estacionamento e do tráfico interno dentro do propio recinto portuario".
Por isto, o grupo do BNG optou polo voto de abstención.
No hay comentarios:
Publicar un comentario