O Concello de Marín conmemora a data con un acto institucional na Alameda 'Rosalía de Castro' (Hoxe ás 12.00h)
Estará presidido pola alcaldesa, María Ramallo, e a asistencia dos membros da Corporación Municipal (PP, PSOE e BNG)
Hoxe Marín conmemora o día
grande das Letras Galegas con unha programación que se abrirá na Alameda ‘Rosalía
de Castro’ ás 10.0h coa apertura da Feira do Libro Usado organizada polo
colectivo ‘Mulleres Intercambio do Saber’ que presiden Puerto Pérez. De seguido
ás 11.00h terá lugar un obradoiro de ilustración para nenos.
Pola súa parte o Concello de
Marín celebra o acto institucional ‘Día das Letras Galegas’ que dará comezo as
12.00h na Alameda 'Rosalía de Castro' presidido pola alcaldesa, María
Ramallo Vázquez e coa asistencia dos mebros da Corporación Municipal (PP, PSOE
e BNG).
Mentras tanto o mesmo recinto seguirá sendo marco das actividades para nenos con unha preformance
ás 12.30h sobre a vida da escritora Begoña Caamaño a que este ano está dedicada
a data. E pola tarde ás 18.00 h: contacontos
con Trémola Teatro e concerto ás 19.00h da Banda de Música de Marín.
No hay comentarios:
Publicar un comentario