O BNG denuncia falta de transparencia na denegación da licenza a empresa adxudicataria da recollida de residuos para instalarse en Pardavila
Celia García, concelleira da formación nacionalista, considera “moi grave” que o Concello anuncie publicamente unha decisión sustentada nuns informes que, despois de dúas semanas, “continuamos sen recibir”
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) celebraba o pasado dia 11 que a Xunta de Goberno Local do Partido Popular (PP) votase finalmente en contra do proxecto promovido por Urbaser en Pardavila, despois de que os informes técnicos e xurídicos confirmasen a inviabilidade dunha actividade industrial destas características no lugar escollido. Para a formación nacionalista, tal decisión supón unha importante vitoria da mobilización veciñal e da defensa colectiva do territorio.
Agora de novo o BNG volve sobre o tema denunciando “a
falta de transparencia do goberno municipal lembrando que xa o pasado 30 de abril
rexistrara unha solicitude formal de acceso ao expediente completo e á
documentación vinculada ao proxecto da empresa Urbaser ligado á parcela de
Pardavila, e se ben a Xunta de Goberno Local fixo público o rexeitamento da
licenza solicitada pola empresa apoiándose en informes técnicos e xurídicos
desfavorables, éstes continúan sen sernoso facilitados” incide a formación nacionalista.
No hay comentarios:
Publicar un comentario