miércoles, 13 de mayo de 2026

MARÍN. AXENDA FESTA DIA DAS LETRAS GALEGAS

EN PORTADA
A edición 'Marín, Vila das Letras 2026' comeza coa concentración escolar 'Versos que florecen' (Xoves, 14 na Finca de Briz)

Parque en la Finca de Briz

O Concello de Marín abre MAÑAN XOVES DIA 14 unha nova edición da ‘Vila das Letras’, un evento que discurrirá ata o 17 de maio ‘Día das Letras Galegas’. A programación arrincará na Finca de Briz cunha actividade organizada polos centros escolares CEIPP do Carballal, CEIPP da Laxe, EEI O Grupo e o CEIPP Sequelo baixo o título “Versos que florecen”, que contará coa actuación do Grupo Armadanzas.

CON ACENTO GALEGO
Festa da Familia para toda a comunidade educativa do colexio da Inmaculada de Marín (Venres, 15 de 16.30 a 19.00h)
Xornada de festa e convivencia na que colabora a ANPA dirixida as familias do alumnado


O VENRES DIA 15, o colexio da Inmaculada celebra a partir das 16.30h a 19.00h a Festa da Familia e Día das Letras Galegas, unha xornada no que o profesorado, coa colaboración da ANPA, disfrutarán dunha xornada inesquecible para toda a comunidade educativa.
Pola mañá será conmemrado o legado de Begoña Caamaño, figura homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas, e terá lugar a tradicional Festa da Poesía (antigos Xogos Florais), coa participación do alumnado de Primaria e ESO que achegarán poesía, música e baile. En tanto que o alumnado de Infantil gozará tamén dunha sesión de contacontos especialmente preparada para eles. E na tarde terá lugar a Festa da Familia, na que haberá inchables, bingo, bailes rexionais, cantareiras, obradoiros e outras actividades diversas.

Festival das Letras na Praza da Veiguiña organizado polo colectivo cultal 'Almuinha' (Sábado, 16 ás 18.30h)


A Asociación Almuinha organiza a III edición do Festival das Letras, un evento que este ano pon en valor a escolla de Begoña Caamaño figura esencial da nosa literatura que contribuíu a enriquecer o noso patrimonio cultural. O festival terá lugar o vindeiro SÁBADO 16 e dará comezo ás 18:30h para transformar, outro ano mais e de xeito consecutivo, a Praza da Veiguiña, nun espazo vivo para a palabra, a música e a memoria compartida.

No hay comentarios:

Publicar un comentario