lunes, 4 de mayo de 2026

MARÍN. MAIO CON ACENTO GALEGO. MÚSICA, ARTE E POESÍA

POESÍA
O Concello de Marín programa a 'Vila do Libro' e o XXIII Premio de Poesía
Para conmemorar o fin de Semana das Letras Galegas (do 15 o 17 de naio)


A programación ‘Vila dás Letras’ en Marín contará coa presenza dos escritores María Solar e Pedro Feijoo durante a fin de semana do 15 ao 17 de maio. O evento, organizado polo Concello na Alameda ‘Rosalia de Castro’ inclúe coloquios, presentacións de libros, contacontos e talleres. Pedro Feijoo intervirá o venres 15 pola tarde para falar sobre a a súa obra máis recente, ‘Onde nacen as bestas’. Pola súa banda, a xornalista e escritora María Solar presentará o seu libro ‘As malas ideas’.
O 17 de maio, coincidindo co Día das Letras Galegas, farase entrega do XXIII Premio de Poesía Concello de Marín. O certame deste ano está dedicado á autora Begoña Caamaño, homenaxeada pola Real Academia Galega, e o Concello de Marín outorgará un galardón de 1.000 euros o traballo elexido e un accésit de 200. (Leer información ampliada)

ARTE
A artista Susana Beatriz de Castro inaugura a súa exposición 'Obxecto prezado nunca se compra' (Ateneo Santa Cecilia, venres 8 ás 20.00h)
La pintora expone por tercera ocasión en la entidad cultural marinense


O vindeiro venres, 8 de maio, ás 20:00 h, terá lugar na sala do Ateneo Santa Cecilia a inauguración da exposición pictórica “Obxecto prezado nunca se compra” da artista Susana Beatriz de Castro Teixeira. A entrada é libre e gratuíta ata completar aforo.
“A práctica artística de Susana de Castro iníciase na exploración da noción de habitar como acción fundamental que conforma o refuxio e a identidade; comprendendo o fogar como lugar ambivalente de crecemento e de recollemento, de unión e de reunión, que vén marcado pola identidade persoal e a necesidade de seguridade e intimidade…” según destaca el ‘curriculum’ de la artista, que ya había expuesto individualmente en febrero y colectivamnete en marzo con 'Voilà la Femme'.

El pintor Pedrosa nomeado polo Concello de Marín como 'Artista Marinense 2026'
Inaugura unha mostra con obras da súa colección particular no Museo M. Torres o dia 18 ás 20.00h

José Antonio Pedrosa, nomeado artista marinense do ano 2026, será o protagonista da nova mostra pictórica que acollerá o Museo Manuel Torres de Marín. A inauguración será o luns 18 de maio, ás oito da tarde, coincidindo co Día Internacional dos Museos.
"Será unha mostra excepcional e que encantará á xente de Marín”, en palabras do propio comisario, Antón Sobral, e que poderá visitarse ata o 10 de xuño. Esta exposición ofrecerá a oportunidade de ver ata corenta cadros seleccionados polo propio artista forman parte da súa colección particular. (Leer información ampliada)

MÚSICA
El Coro de Cámara 'Thalassa' seleccionado para actuar no concerto 'As rúas do vento ceibe'


O concerto 'As rúas do vento ceibe' chega a Pontevedra da man da Fundación ‘Manuel María’ o venres 29 de maio en forma dunha macroproducción na que máis de trescentas persoas poñeranlle música e voz a diversos poemas galegos de Rosalía de Castro, Celso Emilio Ferreiro e Manuel María, dirixido por David Fiuza, coas composicións de Xosé Carlos Oliveira (Carlos Serán).
O espectáculo en Pontevedra tera´como escenario o Pazo dá Cultura, con entrada gratuíta ata completar capacidade, para despois viaxar a Lugo (15 de maio, Auditorio Fuxan os Ventos) e Santiago de Compostela (30 de maio, Auditorio de Galicia) e contará con un elenco de importantes e destacadas agrupacións corais  entre as que destaca o Coro de Cámara ‘Thalassa’ de Marín.
“Estamos felices de participar en ‘As rúas do vento ceibe’, unha cita na que uniremos as nosas voces a outros coros galegos para dar vida aos poemas de grandes autores galegos… É un orgullo formar parte deste proxecto”, manifestan desde a agrupación músico-vocal marinense. (Leer información ampliada)

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario