EN PORTADA
O Ateneo Santa Cecilia fixo entrega dos premios os escolares gañadores do concurso 'Marín Conta'
O Ateneo Santa Cecilia de
Marín fixo entrega onte dos premios do
Concurso ‘Marín Conta 2026’, convocados dentro da súa programación polo Día das
Letras Galegas.
Os galardóns foron recibidos
por los escolares premiados nas distintas categorías:
A: 1º, 2º e 3º de Primaria. 1º
PREMIO (60€): Iago Agra Iglesias (Sagrado Corazón Placeres); 2º (40€): Valeria
Hernández Marsillas (Sagrado Corazón Placeres) e 3º (30€): Thiago Iglesias Portas
(Sagrado Corazón Placeres). B: 4º, 5º e 6º de Primaria. 1º
PREMIO (70€): Mael Rellán Davila (Sequelo); 2º (50€): Sabela Fuentes Gesteiro
(Inmaculada) e 3º (40€): Xela Estévez García (Inmaculada). E: ESO 1º PREMIO (80€):
Candela Caíño Sanjorge (Inmaculada); 2º (60€): Ainoa Area Villar (Inmaculada) e
3º PREMIO (50€): Martina Yubero Sanmartín (Inmaculada).
LETRAS GALEGAS
A Alameda 'Rosalía de Castro' acolle hoxe obradoiros de escritura creativa para nenos e maiores dentro da programación 'Marín, Vila de Letras'
A xornada rematará coa actuación da agrupación de canción popular 'Máis Cantos'
A programación ‘Marín, Vila de Libros’ enmarcada dentro
da Semana do Día das Letras Galegas organziada polo Concello de Marín acolle
hoxe un amplia abano de actividades que dan comezo as 10.00 h na Alameda ‘Rosalía
de Castro’ con un Obradoiros de Escritura Creativa para adultos e nenos, seguido
de unha sesión de Contacontos a cargo de Suricata Teatro, que Terán continuidade
toda a tarde. A Xonrada finalizará as 20.30h coa actuación de ‘Máis Cantos’. (Leer programación completa)
Festival das Letras na Veiguiña organizado polo colectivo cultural 'Almuinha' (na tarde de hoxe a partir das 18.30h)
Organizada pola Asociación Cultural ‘Almuinha’ hoxe
terá lugar no marco da Praza da Veiguiña o III Festival das Letras que dará
comezo as 18.30h con unha sesión de contacontos seguido das actuacións musicais
de ‘Morenos Peludos’, ‘Zeltia IreeVire’, as ‘Panderetiras da Veiguiña’ e Andrés
Pena Méndez. Asimesmo haberá un recital de poesía no que interviràn: Benito Piñeiro,
Elena Lameiro, Fita Sanjorge e Davinia Lojo (concelleira do BNG). Paralelamente
a Veguiña acollerá o Mercado3 Marín; Mostra de Artesanía de Cris e Tito e Descalciña pola
Area. A asistencia e libre e gratuita.
BARRIOS
O IES Mestre Landín organiza a I Xornada de Convivencia 'Facendo Barrio' na popular barriada de veciños de San Pedro
Terá lugar o vindeiro martes día 19 na que tamén colaboran os centros educativos do Carballal, Galiña Azul e do Sequelo
O próximo MARTES
19 o IES Mestre Landín celebrará
na Barriada de San Pedro, a I Edición das xornadas 'Facendo Barrio', cita
que pretende instaurar un encontro anual entre a comunidade educativa e os vecinos,
na que ademáis participarán o CEIP Sequelo, A Galiña Azul
de San Pedro e o CEIP Carballal, centros do entorno da
barriada.
Según explican desde a organización “trátase dunha convocatoria aberta a toda a veciñanza coa
que se busca fomentar a convivencia, fomentar os vínculos entre os diferentes
centros educativos e poñer en valor a diversidade cultural e social que
caracteriza o barrio de San Pedro.” (Leer información ampliada)
No hay comentarios:
Publicar un comentario