Extenso programa das actividades que converten a Marin na 'Vila das Letras'
Baixo a dirección da Concellería de Cultura do Concello de Marin, dará comenzo o xoves 14 e rematará no domingo 17
O Concello de Marín presentou a programación da nova edición da Vila das Letras, que se desenvolverá do xoves 14 ao domingo 17 de maio. A proposta cultural integra a autores de recoñecida traxectoria, actividades destinadas ao público infantil e obradoiros de formación literaria en diferentes espazos da vila, como a Alameda ‘Rosalía de Castro’, o Museo M. Torres e a Finca de Briz.
A apertura oficial terá lugar o xoves 14 pola mañá na Finca de Briz. Os centros escolares CEIPP do Carballal, CEIPP da Laxe, EEI O Grupo e o CEIPP Sequelo participarán na actividade "Versos que florecen", que contará coa música e animación do Grupo Armadanzas. A xornada do venres 15 centrarase na narrativa contemporánea na Alameda ‘Rosalia de Castro’. O sábado 16 a actividade trasládase ao Museo M. Torres e á Biblioteca Vidal Pazos.
E o 17 domingo, Día das Letras Galegas a xornada comezará cunha feira de libros usados organizada pola asociación Mulleres Intercambio do Saber na Alameda. E ás 12.00 h celebrarase o acto institucional de entrega do XXIII Premio de Poesía do Concello de Marín, cuxo fallo se fará público o vindeiro 14 de maio despois da reunión do xurado. A figura de Begoña Caamaño, a que este ano se dedica o Dia das Letras Galegas, volverá estar presente o domingo cunha performance de radio da editorial Cuarto de Inverno e a repartición de exemplares de Begoñísima, obra da autora local Andrea Nunes Brions. O evento concluirá pola tarde cun concerto da Banda de Música de Marín e a tradicional queimada. (Leer programación detallada)
No hay comentarios:
Publicar un comentario