miércoles, 20 de mayo de 2026

MARÍN. O BNG TACHA DE "PROPAGANDISTICO' O ACTO INAUGURAL DO AUDITORIO

Lucia Santos, portavoz do Grupo Nacionalista: "E imprescindible que o Goberno Local defina canto antes un proxecto cultural para o novo espazo"
A concelleira destaca tamén "a necesidade de dotar ás instalacións do persoal cualificado para garantir unha xestión  eficiente do edificio"

A dereita da imaxe, en seguna fila: Tino Iglesias e Davinia Lojo, concelleiros do BNG asistentes a  inauguración do Auditorio. Foto: JLGP

En relación coa recente inauguración do Auditorio,  o BNG a través da súa portavoz no Grupo Municipal, Lucia Santos manifesta que “celebran que Marín conte, por fin, cun espazo cultural tan demandado e necesario para o desenvolvemento cultural da vila; porén, lamentamos que o Goberno Local (PP) convertese a inauguración do Auditorio nun acto propagandístico, tentando capitalizar unha demanda histórica a un ano das eleccións, ocultando os atrasos, modificacións do proxecto e problemas acumulados durante a execución dunha infraestrutura marcada pola falta de transparencia. O BNG considera, ademais, que a inauguración do Centro Cultural debería terse realizado cun acto no que participase o tecido cultural do concello.
A formación nacionalista considera preocupante “que o goberno municipal priorizase a posta en escena e a rendibilidade política da inauguración antes de garantir unha estrutura profesional, transparente e estable para dotar de contido o auditorio” e manifesta que “o verdadeiro éxito non dependerá dunha inauguración puntual, senón da capacidade do Concello para garantir unha programación cultural estable, unha xestión transparente e un acceso democrático ás instalacións.”
O mesmo tempo Lucia Santos pon o acento na necesidade de que o Goberno Local defina canto antes un proxecto cultural para o novo espazo, á vez que consideran imprescindible que tamén dote ás instalacións do persoal suficiente e cualificado para garantir unha xestión profesional e eficiente do edificio.” (Leer información ampliada)

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario