O Día das Letras Galegas é unha celebración instituida en 1963 pola Real Academia Galega “para homenaxear a aquelas persoas que destacasen pola súa creación literaria en idioma galego ou pola súa defensa da devandita lingua.”
Cada ano dedícase a unha personalidade diferente, escollida pola Real Academia Galega, tendo en conta que se esixen polo menos dez anos desde o seu falecemento. A data de celebración deste evento, no 17 de maio, débese a que en tal día en 1863, publicouse en o primeiro exemplar da obra Cantares Galegos, de Rosalía de Castro.
Hoxe chegamos á edición 63ª do Día das Letras Galegas e o pleno da Real Academia Galega acordou dedicarllo a Begoña Caamaño, tanto na súa faceta de escritora, autora de dúas novelas na que reescribe o mito da Odisea e do Rey Arturo, como a de xornalista, nun momento que urxe, segundo a Academia "reconstruír o espazo dun xornalismo para a cidadanía, comprometido coa verdade e co uso do galego". A homenaxeada no Día das Letras Galegas 2026 será, outra vez, unha voz feminina, a sétima vez na historia desta celebración, e esta vez tócalle a unha autora que elixiu proxectarse no colectivo da palabra literaria e da voz xornalística. (Leer información ampliada)
No hay comentarios:
Publicar un comentario