Compiten máis de trescentas peliculas chegadas de moi diversos países do mundo
O certamen será inaugurado o día 20 do mes en curso no Auditorio Municipal
O Museo do Mar de Marín organiza o III Festival Cine
do Mar, que se celebrará entre as datas do 20 ao 26 de abril. Desde a
organización mostran a súa satisfacción coa participación acadada durante o prazo,
xa pechado, de inscripcións, o que consolida o carácter internacional do
festival: chegaron máis de 300 filmes de todo o mundo, sumando os da categoría
de ficción e documental. Hai unha gran representación de obras de
nacionalidade española e de diferentes países iberoamericanos, incluíndo Brasil
e Portugal. Tamén hai unha boa representación dos países europeos e algunhas
obras de países asiáticos.
Por outra banda,
desde a organización do festival queren adiantar os fitos desta edición.
Anuncian que a inauguración terá lugar no Auditorio de Marín, coa proxección de Rondallas e a concesión do premio
honorífico Luz de
Faro a
Carlos Blanco. O filme de clausura será San
Simón, e o
domingo 26 o festival rematará coa visita á propia Illa de San Simón. Nesta edición
tamén haberá un showcooking, que tanto éxito tivo o ano
pasado, coa participación do chef Marcos S. Area, do 'éRestaurante'. E como
novidade deste ano, haberá unha xornada adicada aos escolares, coa
participación dos colexios de Marín e bisbarra, con diferentes proxeccións e un
contacontos, con BaraFunda
Animación. (Leer máis información)
No hay comentarios:
Publicar un comentario