sábado, 4 de diciembre de 2021
MARÍN. ÚLTIMA HORA. INCENDIO EN UN PISO DE LA CALLE EZEQUIEL MASSONI.
MARÍN Y SU NOTICIA. SÁBADO, 4 DE DICIEMBRE DE 2021. DATOS COVID. CASOS POSITIVOS: 103
El encendido del alumbrado navideño y de otros motivos luminosos aportan luz y color a calles y plazas de la villa
MARÍN. 04.12.2021. O colexio público de A Laxe celebrou o Día Internacional das Persoas con Discapacidade o que lle deu visibilidade con lecturas durante toda a semana de libros nos que os protagonistas eran nenas ou nenos con algunha discapacidade, “aprendendo lengua de signos, coñecendo outras formas de aprendizaxe e involucrando a todo o alumnado, xa que a inclusión neste centro é unha realidade”, según informan desde o centro. Por outra banda onte tivo lugar no colexio un simulacro co fin de previr situacións de emerxencia ou en caso de que ocurriran minimizar as súas consecuencias. O profesorado guiou ao alumnado nesta evacuación na que participaron servicios de emerxencia. (Ver máis)
Tradicional 'Concerto de Corais' organizado por la Coral Lembranzas
En el Templo Nuevo de Marín, HOY a las 20.00h
MARÍN. 02.12.2021. Organizado por el Coro Lembranzas de Marín hoy tendrá lugar el tradicional 'Concerto de Corais' en el que actuará la coral anfitriona y la Polifónica de Campo Lameiro, Será en el Templo Nuevo de Marín a las 20.00h
viernes, 3 de diciembre de 2021
MARÍN Y SU NOTICIA. VIERNES, 3 DE DICIEMBRE DE 2021. DATOS COVID. CASOS POSITIVOS: 89 (+29)
MARÍN. 03.12.2021. El Ateneo Santa Cecilia organiza para mañana viernes día 3 el concierto conmemorativo del 69 aniversario de la fundación de la ACA Santa Cecilia, que estará a cargo de la cantante y compositora Eva Pico, que actuará acompañada de Marián Hasting y Sara Castro. Esta actividad tendrá lugar a las 20.00h en el IES Illa de Tambo de Marín. La entrada es gratuita.
MARÍN. 01.12.2021. El R C de Mar de Aguete reabre HOY sus instalaciones de cafetería y restaurante con un nuevo concesionario. Se trata de la empresa 'Atlántica de Restauración' que asume con entusiasmo el reto de gestionar los servicios de restauración del Real Club que serán inaugurados bajo el nombre de "El Qüenco de Aguete", que estará abierto a socios y no socios. Los primeros tendrán importantes descuentos y tratamiento VIP. El Real Club de Mar de Aguete invita al público en general a esta reapertura, con el objeto de dar a conocer sus instalaciones y a la nueva concesionaria.
MARÍN. 03.12.2021. El pabellón de Baltar, en Portonovo, será escenario este fin de semana escenario de los Campeonatos Gallegos Élite y Promesas de Boxeo que contará con la presencia de un centenar de competidores de toda la comunidad, entre ellos los púgiles marinenses del Team Thunder Marín, Amancio Martínez y Aarón González. Tras este campeonato el dìa 11 a las 19.00h se dará paso al combate por la III Copa Galicia de Boxeo, en la que una Selección Gallega se medirá a un combinado de deportistas de la Comunidad Valenciana, en el Pabellón de Deportes de A Cañota. Las entradas para éste evento tienen un precio de 10 euros, venta anticipada (Café Nao y Five Sport en Marín) y de 12 euros en taquilla.
jueves, 2 de diciembre de 2021
MARÍN. PROGRAMA NADAL 2021/2022
DECEMBRO 2021:
Viernes 3
12:00 h. Inauguración I EDICIÓN EXPONADAL MARÍN na Alameda, organiza Estrela de Marín e Concello de Marín.
17:30 h. Inauguración das Rutas do TREN DE NADAL na Alameda.
Do 3 ao 8, do 10 ao 12, do 17 ao 19 e do 21 de decembro ao 04 de xaneiro.
Horario: 11.45-13.30 h. // 17.15 a 21 h.
17:30 h. Inauguración do CARRUSEL DE NADAL na Alameda, organiza Estrela de Marín.
18:00 h. Inauguración FEIRA DE ARTESANÍA NADAL MARÍN na Alameda.
18:00 h. CHOCOLATADA SOLIDARIA realizada polas ONGs na Alameda.
18:30 h. Acendido do ALUMEADO DE NADAL na Alameda con panxoliñas a cargo dos CANTAREIROS DE MARÍN, rematando na Praza 8 de Marzo co acendido do BELÉN.
Sábado 4
11:00 - 21:00 h. I EDICIÓN EXPONADAL MARÍN na Alameda.
20:00 h. Concerto da Coral LEMBRANZAS na Igrexa Santa Mª do Porto.
Domingo 5
11:00 - 21:00 h. I EDICIÓN EXPONADAL MARÍN na Alameda.
Martes 7
16:30 - 18:30 h. Actividade infantil DEBUXANDO A PETRA (de 8 a 12 anos) en colaboración coa Mancomunidade de Terras de Pontevedra no Museo Municipal Manuel Torres.
Xoves 9
Comezo das Rutas do TREN DE NADAL nos centros escolares de infantil e primaria.
Sábado 11
17:00 - 21:00 h. MINI MERCADO DE NADAL coas ANPAs de Marín na Alameda.
18:00 h. CHOCOLATADA SOLIDARIA realizada polas ONGs na Alameda.
18:00 h. Bailes de Nadal dos ZUMBIS, na Alameda.
19:00 h. Concerto de Nadal da Banda de Música MUSIMARÍN na Alameda.
Luns 13
Comezo das Visitas Máxicas de Nadal aos centros escolares de infantil e primaria, organiza Concello de Marín.
Mércores 15
10:30 - 13:30 h. Exposición de Nadal e mercadillo de 2ª man e mobles reciclados no acristalado do Multiusos, organiza Asociación O Abeiro (ata o 7 de xaneiro).
Venres 17
17:00 h. Inauguración CARPA DE ACTIVIDADES INFANTÍS ENGADO MARÍN na Alameda coa participación do Coro da Escola Municipal de Música de Marín.
Ata o 09 de xaneiro
Horario: 11.30-13.30 h. // 17 a 21 h.
17:30 h. Animación Infantil de OS BOLECHAS na Alameda.
18:00 h. Inauguración CARPA DE ACTIVIDADES XUVENÍS ENGADO MARÍN no Parque Eguren.
Ata o 09 de xaneiro
Horario: 12-14 h. // 17.30 a 22 h.
18:00 h. CHOCOLATADA SOLIDARIA realizada polas ONGs na Alameda.
20:00 h. Concerto de Nadal da Banda de Música da ESCUELA NAVAL MILITAR DE MARÍN no Multiusos.
Sábado 18
17:00 h. PAPANOELADA MOTEIRA, percorrido Seixo, Pardavila... finalizando na Alameda, organiza Moteros Solidarios Pontevedra.
17:00 h. Actividade de dinamización comercial con animación infantil e chocolatada no CENTRO COMERCIAL MORRAZO, organiza Asociación de Comerciantes C.C.Morrazo e Concello de Marín.
19:00 h. Concerto de Panxoliñas pola CORAL SOCIOCOMUNITARIA e ART&MAÑA no Multiusos.
17:00 h. Gala do BALLET DE NADAL, no Pavillón do Sequelo.
19:00 h. Concerto de Nadal “CELEBRA EL REGALO DE LA NAVIDAD” do CORO EVANXÉLICO DE MARÍN no Multiusos, organiza Asociación Kalos.
Luns 20
Exposición de debuxos do Nadal no local do Ateneo Santa Cecilia. (De 11 a 13h. e de 18 a 20h e sábados de 11 a 13h. Ata o 6 de xaneiro)
20:00 h. Entrega de premios do concurso de contos do Nadal no local do Ateneo Santa Cecilia.
Xoves 23
11:00 h. Visita do APALPADOR na Alameda, dentro do Programa “Nadal en Galego” da Deputación de Pontevedra.
Venres 24
12:00 h. RANCHO DE REIS polas rúas de Marín, organiza Asociación Pousos da Area.
17:00 h. PAPÁ NOEL percorrerá as rúas de Seixo e a partir das 18 h recepción no Mercado de Seixo con actividades infantís, organiza ACEMAS e Concello de Marín.
17:00 - 20:00 h. Recepción de PAPÁ NOEL na Alameda, organiza Concello de Marín.
19:30 h. SORTEO dun Lote Artesanal entre os debuxos e cartas de Nadal na FEIRA DE ARTESANÍA NADAL MARÍN na Alameda, organizan os artesáns.
Luns 27
19:00 h. MAGO REI MIDAS na Biblioteca Municipal, organiza Ateneo Santa Cecilia.
Mércores 29
19:00 h. MAGO ÓSCAR no Museo Municipal Manuel Torres, organiza Ateneo Santa Cecilia.
Xoves 30
19:00 h. MAGO LEO LAÍÑO na Museo Municipal Manuel Torres, organiza Ateneo Santa Cecilia.
Venres 31
12:00 h. FESTA FIN DE ANO INFANTIL. Recreación das uvas do Nadal, na Alameda.
XANEIRO 2022:
Martes 4
18:00 h. CINE DE NADAL, no cine de SEIXO, entrada libre ata completar o aforo de 190 persoas, organiza ACEMAS.
Mércores 5
Todo o día PORTAL DE BELÉN na Praza 8 de Marzo.
12:00 h. CARTEIRO REAL e Animación Infantil na Alameda.
16:30 h. Festival de Reis en ARDÁN, na Casa de Cultura de Carballido-Ardán.
18:00 h. GRAN CABALGATA DE REIS co percorrido habitual.
20:30 h. SORTEO dun Xamón entre as compras realizadas na FEIRA DE ARTESANÍA NADAL MARÍN na Alameda, organizan os artesáns.
**Este programa poderá experimentar modificacións por causas meteorolóxicas ou por restricións da COVID-19.**
MARIN ,Y SU NOTICIA. JUEVES, 2 DE DICIEMBRE DE 2021
miércoles, 1 de diciembre de 2021
MARÍN Y SU NOTICIA. MIÉRCOLES, 01 DE DICIEMBRE DE 2021.
MARÍN. 01.12.2021. A alcaldesa, María Ramallo, acompañada polo edil de Medio Rural, Pablo Novas, visitaron o local social de Pardavila acompañados pola presidenta da Asociación de Veciños daquel lugar, Elisa Dopaz para coñecer ‘in situ’ as obras de mellora que se levaron a cabo grazas a unha subvención de 12.000 euros otorgada pola Vicepresidencia da Xunta de Galicia. A presidenta do colectivo trasladoulle á rexedora municipal as actividades que se realizan no local, desde clases de ioga a obradoiros de cociña, pasando por campamentos para a rapazada durante o verán ou clases de zumba. (Leer más)
martes, 30 de noviembre de 2021
MARÍN. ÚLTIMA HORA. DATOS COVID. SUMA Y SIGUE Y DE MAL EN PEOR. CASOS POSITIVOS AL DÍA DE HOY: 46 (+9)
MARÍN. 30.11.2021. El número de casos positivos de coronavirus en Marín sube día a día 'como la espuma'. Al día de ayer y según datos cerrados a las 18.00h por el Sergas, entre la población marinenses existen 46 personas contagiadas por el covid, lo cual significa un aumento de nueve casos más. Lo pero de todo esto es que el Índice de Incidencia Acumulada por el que se evalúan las restricciones está ya en 150 casos a 14 días. La situación comienza a ser preocupante. Vacunar, vacunar, vacunar. y ¡sentidiño!.
MARÍN. ÚLTIMA HORA. POLÌTICA LOCAL. CAMBIOS NA ESTRUCTURA INTERNA DO BNG
Xurxo Agra elexido novo Responsábel Local do BNG de Marín
Preside un renovado Consello Local no que destaca a combinación da mocidade e a experiencia aportada por militantes históricos
Novo Consello Local do BNG Marín
MARÍN. 30.11.2021. O BNG de Marín celebrou o pasado venres 26 de novembro unha Asemblea Local na que se procedeu a renovar o Consello Local e escoller novo Responsábel Local. Tras a realización da XVII Asemblea Nacional, o pasado 7 de novembro na cidade da Coruña, o BNG abriu un proceso de renovación dos órganos a todos os niveis da organización, que no noso concello concluíu coa elección de Xurxo Agra do Pazo como novo Responsábel Local e a renovación do Consello Local.
Xurxo Agra do Pazo é un activista social, cultural e político de longa traxectoria que xa ocupou o cargo de Responsábel Local do BNG de Marín durante dous anos e medio, entre os anos 2017 e 2019. O novo Responsábel Local do BNG de Marín agradece “o apoio e confianza da militancia local á lista que encabezaba, formada por un grupo de compañeiros e compañeiras no que a característica máis importante é a combinación de mocidade, moi cualificada e preparada, coa experiencia organizativa e institucional aportada por militantes históricos.”
Xurxo Agra continúa salientando que “volto ocupar este posto de grande responsabilidade cunha enorme ilusión, sabendo que conto cun gran grupo de compañeiros e compañeiras no Consello Local dispostos e dispostas a dar o mellor por esta organización”.
O renovado Consello Local está composto por Xurxo Agra do Pazo (Responsábel Local), Pablo Blanco Agraso (Viceresponsábel Local), Esther Crespo Igrexas (ex concelleira), Celia García Santomé, Luciano Guimeráns Pazos, Lucía Santos Omil (Portavoz Municipal) e Sara Piñeiro Tenorio, como representante de Galiza Nova. O recén eleito Responsábel Local lembra que “o novo Consello Local será o encargado de dirixir o futuro máis inmediato do BNG de Marín, e nomeadamente preparar as vindeiras eleccións municipais de 2023, para as que comezaremos a traballar inmediatamente.”
En canto á liña a seguir neste nova etapa Xurxo Agra informa que “será continuísta co traballo que se ven realizando nos últimos anos: traballo institucional construtivo e positivo mais moi firme na nosa función de oposición ao grupo de goberno do PP, e contacto permanente coa veciñanza con presenza constante na rúa.”
En relación coas vindeiras eleccións municipais de 2023, o novo Responsábel Local afirma que “estamos ante un escenario tremendamente ilusionante, nun contexto moi diferente ao das pasadas eleccións de 2019. Neste momento o BNG é a segunda forza no Parlamento galego, con moita diferenza, e recuperamos a presenza no Estado español.”
E continúa lembrando que “o BNG non acadou o seu teito, como poñen de manifesto todas e cada unha das enquisas que se veñen publicando nos últimos meses. O BNG é unha organización que está a alza, e esta situación, que tamén palpamos a nivel local cunha corrente de simpatía na rúa e a afiliación de numerosas persoas nos últimos meses, verase reflectida en 2023, e permitiranos recuperar a presenza perdida nas pasadas eleccións de 2019 como consecuencia da mala situación xeral na que se atopaba o BNG na altura e da inconcebíbel fragmentación da esquerda local, que lle entregou en bandexa o triunfo ao PP. En 2023 agardamos ser o axente principal do cambio que Marín tanto precisa.”
Lucía Santos Omil (Responsábel Local). Pedro Cortegoso Gago (Vice-responsábel Local) Pamela Martínez Cortegoso. Roxelio Carballa Barroso. Jessica Souto Loira. Xoán Daniel Rosales Rivas. Cristina Sobral Villanueva. Xurxo Agra do Pazo. Pablo Blanco Agraso (Responsábel GZ Nova)