domingo, 27 de agosto de 2023

MARÍN. QUEN É QUEN. ENTREVISTA DO DOMINGO. HOXE: TINO IGLESIAS GARCÍA (BNG)

Co obxectivo de coñecer mellor o perfil político dos novos concelleiros (elexidos nas pasadas eleccións municipais) domingo a domingo iremos ofrecendo unha entrevista con cada un deles onde nos falarán das súas inquietudes e o 'papel' que ocupan dentro do grupo municipal o que pertenecen.


"Nos próximos meses seremos quen de presentar ante a cidadanía unha serie de proxectos nos que levamos tempo traballando e que, sen dúbida algunha terán o apoio do resto dos grupos municipais para sair adiante"

Hoxe entrevistamos o concelleiro Tino Iglesias García  56 anos. Nacido en París. Profesionalmente e analista de riscos empresariais e industriais nun grupo asegurador. Especialista universitario en Xerencia de Riscos e Seguros pola Universidade da Coruña. Dentro de grupo municipal do BNG asume responsabilidades nas áreas de Patrimonio, Cultura, Promoción Económica, Emprego, Turismo e Memoria Histórica.
Ademáis e membro da Asociación pola Recuperaciòn da Memoria Historia de Marín
- Por qué entrou en política
Por motivos laboráis (responsabilidades, viaxes, ….) até agora non din o paso de estar na primeira línea da política local, pero levo moitos anos colaborando no que se me solicitaba dentro das miñas posibilidades.
- E por qué no BNG?
Estou no proxecto BNG porque é unha organización política seria e fiable, e que ten amosado en todas e cada unha das vilas nas que goberna o seu rigor e eficacia. O BNG é o proxecto común de todas as persoas que pensamos que Galiza e as galegas merecemos máis.
- Qué supón para vostede haber sido elexido concelleiro
Eu síntome moi implicado con Marín e a sua xente, e quero participar dese cambio. É unha honra ser concelleiro do meu pobo e espero estar á altura.
-Qué defenderá ou promoverá dentro da área que ten asinada no grupo?
Obviamente traballar na mellora dos servizos públicos; de que o PXOM sexa unha ferramenta útil; de abrir Marín; recuperación do noso casco histórico; poñer en valor o noso patrimonio arqueolóxico, histórico e etnográfico; e co gallo da construcción do Centro Cultural ir analizando xa as necesidades de plantilla e ir traballando nunha programación estable
-Si houbese formado parte do goberno municipal cal sería a primeira actuación que acometería
A nosa obligación como xestores pasaría por coñecer a fondo e poñerse ao día da situación real do Concello, dos seus departamentos, do estado exacto de execución dos proxectos en marcha ou comprometidos, etc… e esperar aos cen días de marxe habituais para tomar as primeiras decisións que corresponderan.
-Qué ‘puntos débiles’ ten Marín que se deberían correxir…
Creo que lamentablemente se están a facer moitas cousas porque “sempre se fixeron así”, sen adaptación aos tempos actuáis. Un exemplo foi o rexeitamento da nosa proposta de novas comisións informativas de carácter permanente, co fin de adaptar o Concello aos novos tempos, superando un modelo de sete comisións informativas que leva décadas sin variación. A nova estructura de comisións informativas plantexada por nos era lixeira, transversal, aberta e flexible permitindo dar pasos hacia unha xestión máis eficaz e transparente para responder de forma máis adecuada ás exisencias da cidadanía e a os novos tempos.
-Qué ‘puntos fortes’ ten Marín que según vostede non se están ‘aproveitando ben’ por parte do gobernó municipal
Na parte positiva poderían citarse a consecución de subvencións de diversas administración e organismos aínda que os proxectos aos que se adican non sexan, en moitos casos, do noso agrado.
-Qué balance podería facer da actuación do grupo do BNG nestes  primeiros días
Nestes primeiros días da lexislatura actual, estamos dando mostras de seriedade, de traballo e de propostas en positivo e de que estamos colocando as primeiras pedras dun proxecto ambicioso de transformación de Marín que levará anos levar adiante tal e como nos queremos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario