Rafael Quintiá Pereira |
MARÍN. 13.10.2023. A vinte dias do Día de Difuntos, a A.C. Almuinha organiza unha charla co título "A Cultura da Morte", na que intervirá Rafael Quintíá, recoñecido antropólogo. O acto terá lugar HOXE ÁS 20.30H na Biblioteca Pública Vidal Pazos
Rafael Quintía Pereira é antropólogo, economista, escritor e documentalista. Investigador, formador e divulgador nos campos da antropoloxía e da historia de Galiza.
As súas liñas de investigación céntranse, fundamentalmente, no patrimonio inmaterial. Os resultados do seu traballo de investigación nos campos da antropoloxía e da historia víronse reflectidos na publicación de 12 libros, na realización de 8 documentais e en múltiples artigos e colaboracións.
O seu labor investigador foi galardonado con catro premios de investigación e ensaio: Premio Ferro Couselo de Investigación (2017), Premio Ramón Piñeiro de Ensaio (2016), Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais (2015) e Premio de investigación Luís Cuadrado (2010).
É cofundador e socio da empresa Ab Origine. Antropoloxía, Produción e Xestión cultural, onde traballa como antropólogo profesional combinando este labor co de profesor-titor de antropoloxía na UNED. Leva desde o ano 1990 vinculado ao mundo do asociacionismo e do activismo sociocultural. É presidente da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) e vicepresidente da Asociación Galega de Antropoloxía Social e Cultural.
No hay comentarios:
Publicar un comentario