CON ACENTO GALEGO
O Concello de Marín elixe a Alameda 'Rosalía de Castro' para celebrar o acto institucional do Día de Galicia
Un ano máis 'Trompos os Pes' organiza a súa 'Romaría Popular' e 'Foliada Libre'
![]() |
A concelleira de Festas e Cultura, Marián Sanmartín, xunto con representantes de 'Trompos os Pes' na presentación dos actos do Dia de Galicia. Foto CN/CM |
MARÍN. 24.07.2025. O Concello de Marín presentou, xunto con Trompos Ós Pés, a programación coa que se conmemorará MAÑÁN 25 DE XULLO o Día de Galicia, que dará comenzó ás 12.00h na Alameda ‘Rosalía de Castro’ co acto institucional promovido polo Concello de Marín amenizado musicalmente por ‘Trompos os Pes’, agrupación que un ano máis organiza a tradicional Romaría Popular, que xa vai pola súa vixésimo sexta edición, que terá lugar a partir das 10.30h co a apertura dos postos de artesanía e, pola tarde, desde as 18.30 horas, haberá xogos tradicionais.
Ás 20.00 horas actuará a Asociación Cultural Os Penediños, de Atios (O Porriño), e media hora máis tarde farase o sorteo dos agasallos doados polos artesáns. Ás 21.00 horas arrancará a tradicional foliada libre, que comezará cos máis pequenos da escola para despois ir uníndose cos cantos e músicas tradicionais.
Por outro lado, o humor galego terán cabida na celebración do Día de Galicia coa actuación de Leticia Miraz, máis coñecida como Leti da Taberna, que, como ela mesma di, aínda que a súa formación sexa sociosanitaria, “eu son taberneira de nacemento”. (Leer máis)
No hay comentarios:
Publicar un comentario