Transcribimos contenido nota del Grupo Municipal Socialista sobre su propuesta debatida en el Pleno que fue derrotada con los votos mayoritarios del Grupo de Gobierno (PP)
Manuel
Pazos Lamoso, portavoz del Grupo Municipal Socialista: “É inconcebible que o PP de Marín se negue a solicitarlle á Xunta de
Galicia que incorpore no Plan de Interese Autonómico que se fará en Raposeiras,
unha parcela onde ubicar unha futura Residencia de Maiores. Nin lle solicitan
nada á Xunta nin están dispostos a adquirir unha parcela onde despois se poida
ubicar. Sen terreos imos estar fora das inversión futuras nesta
materia"
"A
proposta socialista debatida no Pleno era clara: aproveitar o Plan de Interese Autonómico
previsto en Raposeiras, cunha superficie de 70.000 m², e solicitar a
incorporación de 5.000 m² adicionais destinados a unha residencia de maiores.
Como alternativa, propoñíase que fose o propio Concello quen adquirise unha
parcela axeitada.
Sen esa previsión de terreo, as posibilidades de que Marín conte cunha residencia pública nos vindeiros anos redúcense notablemente. Non sería a primeira vez que a falta de solo impide unha infraestrutura: xa aconteceu co centro de saúde e con outros equipamentos públicos como o IES Illa de Tambo, o IES Chan do Monte ou a Galiña Azul de San Pedro, nos que a Xunta esixiu previamente a dispoñibilidade dun terreo axeitado para poder construír as instalacións.
Para nosa sorpresa e incomprensión, o PP votou en contra da proposta argumentando que o Concello non pode condicionar nin influír nas decisións da Xunta, administración competente nesta materia, e que tampouco dispón de capacidade económica para asumir a compra.
Desde o PSOE consideramos que máis que argumentos son escusas. Este tipo de peticións son prácticas habituais en calquera concello, onde se trasladan ás administracións competentes as necesidades e intereses municipais. Porén, neste caso, o goberno local renuncia incluso a intentalo.
En canto á suposta falta de recursos, os socialistas cualificanos de pouco crible que o Concello non poida adquirir unha parcela de 5.000 m² cando está a piques de inaugurar un auditorio cun custo de 6,5 millóns de euros e cando, segundo se informou no último pleno, o exercicio 2025 pechouse cun superávit de 3 millóns.

“Quen acaba pagando esta inacción son os nosos maiores e as súas familias"
Desde o PSOE lembramos ademais que xa pasaron catro anos desde a súa última iniciativa
para impulsar este proxecto sen que o goberno local adoptase ningunha medida,
unha actitude que —segundo denuncian— se repite ao longo dos 15 anos de mandato
do PP.
“Quen acaba pagando esta inacción son os nosos maiores e as súas familias, que continúan sufrindo a escaseza de prazas públicas e vense obrigadas a desprazar aos seus familiares a outros municipios como Aldán, Ribadumia ou mesmo Ourense."

Rdo. Grupo Municipal Socialista

No hay comentarios:
Publicar un comentario