viernes, 13 de febrero de 2026

MARÍN. AÑO PREELECTORAL. O BNG DENUNCIA O MAL ESTADO 'DAS RÚAS E ESTRADAS DO CONCELLO

O Grupo Municipal Nacionalista alerta no Pleno do deterioro xeneralizado da rede viaria do municipio
A concelleira Lucía Santos reclama, como portavoz do BNG "unha avaliación técnica completa do estado do firme e a posta en marcha dun plan integral de actuación con prioridades claras"

Aspecto que presenta o firme da Avenida Jaime Janer (Carretera Marín-Moaña) Foto: BNG

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) levou ao pleno municipal do pasado xoves a situación do estado dos viais en Marín, denunciando o “deterioro xeneralizado en numerosas rúas e estradas do concello”. O Grupo Nacionalista reclamou ao goberno local do PP “que afronte esta problemática de maneira seria e planificada xa que  son múltiples as vías en mal estado, independentemente da súa titularidade -estatal, autonómica, provincial ou municipal-, polo que considera que o executivo local non pode mirar para outro lado ante unha situación que afecta á seguridade viaria e ao día a día da veciñanza.”
Lucia Santos puxo como exemplo rúas recentemente asfaltadas como Concepción Arenal, a Avenida de Ourense ou a rúa do Forte, onde — segundo sinalou — xa se detectan fochancas e deformacións.” O listado de vías afectadas inclúe tamén ás rúas: Ezequiel Massoni, Recamán (subida a cemiterio). Vidal Pazos, Tiro Naval Janer (antigua rúa do Baño) Méndez Núñez e José del Río, así como vaias estradas das parroquias.  (Leer información ampliada)

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario