El concejal teniente alcalde, Manuel Santos Costas, nos remite como 'aclaración' a nuestra información sobre el voto negativo del PP a la propuesta del PSOE de gestionar suelo para la construcción de una Residencia de Maiores en Marín, el contenido del argumentario con el que justificaron su NO a la propuesta en el Pleno:
"As políticas sociais, e especialmente as que afectan aos nosos maiores, non poden facerse a base de titulares nin de xestos políticos..."
"Senón con planificación, seriedade e responsabilidade"
"Quero comezar deixando clara
unha cuestión fundamental: o Partido Popular de Marín comparte a preocupación
pola atención aos nosos maiores. Ninguén nesta Corporación
pode ser alleo ao envellecemento da poboación nin á necesidade de reforzar os
recursos sociosanitarios. Nisto non hai debate.
Pero precisamente pola importancia do asunto, non podemos apoiar unha moción que simplifica en exceso un proceso que é extraordinariamente complexo, tanto desde o punto de vista xurídico como urbanístico, económico e competencial. Esta moción formula dúas alternativas aparentemente sinxelas: Ou ben reservar unha parcela dentro dun Proxecto de Interes Autonómico, ou ben que o Concello adquira directamente terreos para unha futura residencia. E o que debemos dicir con claridade é que ningunha das dúas opcións depende unicamente da vontade política deste Pleno.

En primeiro lugar, o Proxecto
de Interese Autonómico é un instrumento que corresponde exclusivamente á Xunta
de Galicia, tanto na súa definición como no seu alcance. O Concello non decide nin
impón usos concretos, nin superficies, nin equipamentos dentro dun PIA. Pretender que este Pleno
acorde “incorporar” unha residencia dentro dese proxecto é, sendo claros, xerar
unha expectativa que non está nas nosas mans cumprir.
Ademais, estes proxectos
responden a unha planificación integral do territorio, con criterios técnicos,
de mobilidade, de servizos, de viabilidade económica e de equilibrio
urbanístico. Introducir un equipamento desta magnitude —unha residencia de entre
140 e 160 prazas— non é unha decisión menor, nin inmediata, nin automática.
En segundo lugar, a
alternativa de que o Concello adquira terreos tampouco é tan simple como se
formula. Mercar solo público hoxe
implica: Dispoñibilidade orzamentaria
real, informes de intervención, valoración técnica do solo, análise urbanística
do uso dotacional, e posteriormente, a garantía de que o solo será
efectivamente utilizado. Porque temos que ser honestos
coa veciñanza: adquirir terreos non garante a construción dunha residencia.
As residencias públicas non as constrúen os concellos; planifícaas, finánciaas e execútaas a Xunta de Galicia dentro da súa rede de servizos sociais, en función de criterios obxectivos e de planificación autonómica.

E aquí está un dos principais
problemas desta moción: confunde competencias e traslada ao Concello unha
responsabilidade que non lle corresponde, co risco de xerar frustración social
se despois o proxecto non se materializa. Desde o Partido Popular
defendemos unha forma distinta de actuar, rigurosa, coordinada e realista. Isto pasa por seguir
traballando en colaboración institucional coa Xunta de Galicia, analizar técnicamente as posibilidades reais do municipio, e non adoptar acordos plenarios que non teñen eficacia xurídica nin capacidade
executiva.
Por todo isto, non podemos
apoiar esta moción tal e como está formulada. Non porque non compartamos o
obxectivo, senón porque non compartimos o método, nin a simplificación dun
proceso que esixe rigor, coordinación administrativa e respecto ás competencias
de cada administración. Non se lle pode achacar a
este equipo de governo que non se preste atención aos nosos maiores, senon todo
o contrario, durante anos, traballamos para conseguir un centro de día público,
primeiro xestionamos ante a Tesorería Xeral da Seguridad Social a cesión da
primeira planta da Antigua Casa do Mar, e despois executamos o proxecto de
reforma de dita planta cun investimento de máis de 400.000.-€, cofinanciado o
70% por parte da Xunta de Galicia. E a día de hoxe xa levamos
máis de 2 anos de funcionamento de dito Centro, sendo ademáis un referente na
atención dos nosos maiores.
E ademáis disto cofinanciamos
parte do custo das plazas dos veciños de Marín que fan uso deste Centro de día,
ademáis de cofinanciar o custo do Servicio de Asistencia no Fogar no noso
concello.
Polo tanto, non se nos pode recriminar nada de que non nos acordemos dos nosos maiores, senon que son unha parte importantísima da nosa acción de governo.
O Partido Popular seguirá defendendo solucións reais, viables e responsables para Marín e para os nosos maiores, sen crear falsas expectativas e con lealdade institucional.
Creo que xa demos argumentos suficientes que xustifican o noso sentido do voto.
A realidade que cando vostede fala das 24 Residencias que pretende construir a Xunta de Galica, temos que decir como ben saben, que polo menos en Marín, si temos xa unha residencia de maiores pública.
Se na actualidade existen máis de 300 concellos, e Marín xa ten polo menos unha, entendemos tamén aos concellos que non teñen ningunha, que poidan optar a algunha.
Pero o que sí e certo é que nós xa manifestamos á Xunta de Galicia o noso interese en poder optar á construcción dalgún deses centros de maiores que se pretenden construir
Por certo, recordarlles tamén que agora mesmo, a Xunta de Galicia está executando unhas obras de reforma e melloras na nosa residencia de Marín, investindo máis de 1,5 millóns de euros, polo tanto se ve claramente o interés e a atención aos maiores que ten a Xunta de Galicia en Marín.

Independente de que non
apoiemos esta moción, insisto que seguiremos traballando no coidado dos nosos
maiores, e que seguiremos tratando de conseguir dotar no noso concello dunha
nova residencia da Terceira idade, pública ou privada, como acordamos fai uns
anos con motive da moción presentada nese momento polo Partido socialista.
O faremos tanto a través do PIA ou a través doutras xestións que podamos levar adiante desde este equipo de governo. Pero dende logo é complicado que agora mesmo poidamos asumir a compra duns terreos de máis de 5.000 metros como piden vostedes, cando queremos comprar tamén terreos para vivenda, ou cando tamén nos piden que compremos os terreos nos que temos ou podemos valorar ter novos estacionamentos disuasorios.
Dende logo, todas as políticas que nos afectan, hai que tratalas con realismo e dacordo coas nosas posibilidades, polo tanto temos que facelo con planificación, seriedade e responsabilidade, que é o que vimos facendo ata o de agora."

No hay comentarios:
Publicar un comentario