Coincidindo co décimo cuarto aniversario da aprobación do PXOM por unanimidade da Corporación Municipal (xuño de 2012) os Grupos Municipais PSOE e BNG a través dos seus respectivos portavoces, Manuel Pazos Lamoso e Lucia Santos Omil analizan a evolución urbanística do municipio a partir daquela ‘histórica’ data.
Manuel Pazos Lamoso (PSOE): "O problema urbanístico de Marin non está no PXOM, que como todo pode ser mellorable, se non na inacción posterior de 14 anos para desenvolvelo por parte do goberno local"
“A aprobación do PXOM tivo aspectos positivos para Marin porque serviu para dar seguridade xurídica a diversos aspectos urbanísticos de importancia. Destacaría que foi un elemento clave para solucionar boa parte da problemática dos núcleos do litoral, a situación urbanística de dalgunhas empresas ou a delimitación dos núcleos rurais, facilitando así a construcción de vivendas nos mesmos. E fíxose cun documento de consenso entre os catro partidos políticos que integraban a corporación nese intre e con total transparencia.
En todo este tempo non se impulsou por parte de Maria Ramallo ningún dos 42 solos urbanos non consolidados que están á espera de ser desenvoltos. O Plan de rehabilitación do casco antigo, que o PXOM xa contemplaba, tivo que agardar 13 anos para iniciarse a petición do PSOE e ainda está en elaboración nestes momentos. A situacion do solo empresarial é de parálisis total eran absoluta. E asi poderíamos seguir con moitosimos outros aspectos.
En resumo, o PXOM é unha ferramenta que serviu nun primeiro momento para solventar problemas enquistados pero que, dende entón, foi agachado nun caixón por parte do goberno local."
Lucia Santos Omil (BNG): "Aprobamos o paso, sí, pero denunciamos a demora pois Marín non pode permitirse outros catorce anos de improvisación"
Lucia Santos Omil (BNG): "Aprobamos o paso, sí, pero denunciamos a demora pois Marín non pode permitirse outros catorce anos de improvisación"
"A aprobación do PXOM é importante e necesaria. Marín necesitaba unha ferramenta para ordenar o solo, poñer freo ao caos e dar seguridade xurídica aos veciños e aos núcleos rurais. Niso estamos de acordo.
O problema é o como e o cando. Marín leva 14 anos de demora porque o goberno municipal non elaborou a tempo as ferramentas necesarias para poñer en marcha o PXOM. Anos perdidos por falta de planificación e de vontade política.Desde o BNG levamos dende o 2015 insistindo na necesidade do Plan de Cascos Antigos. Sen el, o PXOM queda coxo nos nosos centros tradicionais. O PP só se puxo con isto hai uns meses. Mentras tanto: parálise.
E non é o único. Seguen sen atenderse demandas básicas como é o Catálogo de Hórreos, necesario para a construción e rehabilitación nos núcleos rurais. Ou a realización de modificacións puntuais, para adaptar o PXOM á realidade dos núcleos do concello para nova construción ou asentamento de novas empresas para que poidan realizar actividades con legalidade. Aprobamos o paso, si. Pero denunciamos a demora. Marín non pode permitirse outros 14 anos de improvisación."
No hay comentarios:
Publicar un comentario