jueves, 9 de julio de 2026

MARÍN. EL SEMANAL DE CARRAGAL. LAS NOTICIAS DE LA TARDE CON ACENTO GALEGO

ANO PREELECTORAL
Ana Pontón presenta a concelleira Lucía Santos como "a alcaldesa capaz de facer que Marín avance e xere novas oportunidades de futuro"
Prioridades da candidata: "Abrir Marín ao mar para dinamizar o municipio, vivenda, frear a perda de poboación e mellorar os servizos sociais"

Un momento do acto de presentación da candidata na Alameda 'Rosalía de Castro

A portavoz nacional de BNG, Ana Pontón, participou esta mañán en Marín no acto de presentación de Lucía Santos como candidata da formación nacionalista á Alcaldía nas eleccións municipais de maio de 2027, “convencida de que Santos é a alcaldesa capaz de facer que Marín avance e xere novas oportunidades de futuro”. “Imos a por todas nas próximas eleccións municipais, queremos que Lucía Santos sexa a próxima alcaldesa de Marín e facémolo coa forza que nos dá ter un proxecto ilusionante e transformador e coa convicción de que temos a mellor alternativa para este concello”, remarcou Pontón, que destacou a experiencia, a capacidade e o coñecemento da candidata”. (Leer informaciòn ampliada)

FOMENTO DO EMPREGO
O Concello de Marin incorpora unha veintena de nos traballadores nas plantillas das brigadas s servicios  municipais
La contratación faise a través de plans do fomento de emprego da Deputacion e da Xunta de Galicia
 

As Brigadas e os Servizos Municipais do Concello de Marín irán integrando as súas plantillas nos próximos meses e de xeito progresivo  vinte novos traballadores cuias contratacións formalízanse contando coas subvencións que achegan Deputación Provincial e Xunta de Galicia a través dos seus programas de fomento do emprego.
Con cargo os plans de emprego do ente provincial serán incorporadas catorce persoas cun contrato de seis meses. Serán dous conserxes, un auxiliar administrativo e once peóns. Mentres que con cargo a APROL Rural da Xunta serán seis peóns forestais. (Leer información ampliada)

DEPORTES
Recepción na Casa Consistorial os rapaces e técnicos integrantes do Campus de Baloncesto
Foron recibidos pola concelleira Marián Samartín e polo concelleiro de Deportes, Antonio Traba


O concelleiro de Deportes, Antonio Traba, e a concelleira, Marián Sanmartín, recibiron esta mañá aos rapaces e rapazas do Campus de Baloncesto que ven desde Castela e León xa por terceiro ano consecutivo a pasar unha semana na nosa vila, xuntando moito deporte, pero tamén praias, natureza e ocio. Esta actividade dirixida a xóvenes de idades de enre 10 y 17 anos celebrase nas instalacións deportivas do colexio San Narciso e o Pabellón de Deportes de A Raña. 


 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario