viernes, 10 de julio de 2026

MARIN. PROTAGONISMO DO COMERCIO LOCAL NAS FESTAS

Os comerciantes de Estrela de Marín celebran  unha nova edición da Noite Estrela (permanecerán abertos hoxe venres a partir das 20.00 ata ás 00.00h)

Presentación do cartel 'Noite Estrela' no local social de Estrela de Marin

O Centro Comercial Aberto Estrela de Marín celebra hoxe nova edición da Noite Estrela, unha das accións máis destacadas da campaña “Vive un Verán Estrela”, coa que se busca dinamizar o comercio local, atraer clientela ás rúas comerciais e ofrecer unha experiencia de compra diferente nun ambiente festivo e de verán.
Durante toda a xornada, os establecementos participantes permanecerán abertos ata a medianoite, ampliando o seu horario habitual e ofrecendo á clientela unha oportunidade especial para mercar no comercio local con máis tempo, máis ambiente e máis incentivos, promciçons e descontos.
Ademais, todas as compras realizadas entre as 20.00 e as 00.00 horas duplicarán os puntos no club de fidelización, de maneira que as persoas usuarias poderán seguir acumulando vantaxes e canxealos posteriormente polos regalos promocionais da campaña Vive un Verán Estrela. A iniciativa completarase cun ambiente animado nas rúas comerciais, acompañado de música na rúa, reforzando así o carácter festivo dunha acción que combina promoción comercial, fidelización e visibilidade para os negocios participantes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario