Sesións de Cine de Verán dentro do Campamento Audiovisual 'Peque Cine' (Multiusos da Praza de Abastos, mañán 21 e xoves 23)
"Unha oportunidade perfecta para compartir unha noite de cinema en familia e celebrar o talento dos máis novos"
El Club 'Marín de Cine', promovido por el marinense Dani Antelo (Licenciado en Comunicación Audiovisual) celebra esta semana (días 21 y 23) dúas sesións especiais de Cine de Verán no Multiusos da Praza de Abastos, dentro da programación do campamento audiovisual ‘Peque Cine’ A iniciativa ofrecerá unha selección de curtametraxes de animación pensadas para todos os públicos, especialmente para nenas e nenos a partir dos 7 anos.
As proxeccións terán lugar MAÑÁN MARTES DIA 21 e XOVES DÍA 23, ambas ás 21:00h e ademais da programación de curtametraxes, o público poderá descubrir os traballos audiovisuais realizados polas alumnas e alumnos participantes no campamento, resultado das actividades creativas desenvolvidas ao longo das últimas semanas.
Según explica a organización “a proposta busca achegar o audiovisual aos máis pequenos dunha forma participativa, fomentando a creatividade, a imaxinación e o gusto polo cinema desde idades temperás”.
A entrada será gratuíta e, para crear un ambiente diferente e máis próximo ao espírito do cine de verán, a organización anima ás persoas asistentes a traer a súa propia silla de praia para desfrutar comodamente da sesión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario