"A aprobación do PXOM hai catoce anos foi, sen dúbida, un punto de inflexión para Marín, o tratarse dun documento aprobado por consenso de todos os partidos políticos anque recoñecendo que os inicios foron moi complicados porque no momento en que foi aprobado, nos atopamos cunha profunda crisis inmobiliaria e financieira que non permitiu que se poidesen apreciar os efectos deste Plan Xeral, e ademáis houbo que resolver unha docena de recursos interpostos ao mesmo e que foron definitivamente resoltos no ano 2018.
Pero aínda así permitiu que se poidesen otorgar centos de licencias de obras. É certo que todo é mellorable e nos atopamos con normativas que vamos actualizando a través dalgunha pequena modificación puntual ou desarrollando ferramentas como é a elaboración do Plan Especial do Casco Vello e do Barrio de Cantodarea. A realidade é que a nosa valoración é claramente positiva. Aínda que o desenvolvemento urbanístico depende tamén da iniciativa privada, o certo é que se está notando nestes momentos en Marín unha situación urbanística e inmobiliaria moi esperanzadora.
Hoxe existen varios proxectos presentados no concello e que pronto se materializarán na execución de novas vivendas. Tamén, e moi importante comentar que grazas a ter o PXOM, e grazas a Xunta de Galicia, conseguimos que se declarase un Proxecto de Interés Autonómico na zona de Raposeiras para a construcción de 400 vivendas na que a gran maioría serán protexidas.
En definitiva, o PXOM non foi un punto final, senón
o inicio dun proceso de transformación que continúa avanzando. Queda traballo
por facer, pero resulta evidente que Marín dispón hoxe dun urbanismo máis
ordenado, con maior seguridade xurídica e con mellores oportunidades para
atraer investimento, favorecer a construción e seguir mellorando a calidade de
vida da veciñanza."
ANÁLISIS URBANISTICO DEL MUNICIPIO PSOE - BNG
No hay comentarios:
Publicar un comentario