martes, 25 de julio de 2023

MARIN. IMOS DE ROMERÍA NO DIA DE GALICIA. ARTESANÍA, FOLCLORE, MÚSICA E QUEIMADA

Actuación esta mañán do grupo 'Trompos os Pes' de Marín na Romería Popular 'Día de Galicia'
MARÍN. 25.07.2023. Marín vive hoxe a celebración do Dia de Galicia con unha serie de actividades que deron comenzo a partir das 10.30h da mañán coa tradicional Romería Popular que tradicionalmente organiza a Agrupaciòn FolcLórica 'Trompos Os Pes' de Marín, e que ten lugar na Alameda 'RosalÍA de Castro'. O público poderán visitar o mercado de artesanía no que admirar e mercar productos auténticamente artesáns galegos e disfrutar da música do grupo de gaitas e baile da asociación organizadora. Tamén haberá pola tarde as 18.00h xogos tradicionais para os máis pequenos e de seguido ás 20.00h actuación do grupo 'Buxainas' de Cedeira. Por último e para rematar a xornada os asistentes poderán participar na degustación, de xeito gratuito, dunha gran queimada coa que se pecha o 'Dia de Galicia'.

Cabe destacar que o longo da mañán o Concello de Marín fixo entrega de pulseras simbólicas desta data que foron repartidas pola alcaldesa e o seu grupo de goberno nun posto de reparto instalado no Palco da Música.

No hay comentarios:

Publicar un comentario