domingo, 30 de julio de 2023

MARÍN. TRADICIÓNS. CONCURSO DÍA DO TRAXE TRADICIONAL GALEGO. CATRO PREMIOS PARA 'POUSOS DA AREA'


MARÍN. 30.07.20223. A cidade de Santiago de Compostela acolleu a 44 edición do Día do Traxe Galego, organizada pola Asociación do Traxe Tradicional Galego, unha cita que vai unida dende hai décadas ás festas do Apóstolo, e que este ano tivo lugar onte con desfiles, exhibicións e o tradicional certame. Ademais, tras unha exitosa primeira edición o pasado ano, celeboruse tamén a Feira do vestir "De onte a hoxe" na que o público pudo disfrutar coas pasarelas e obradoiros que para todas as idades se exhibieron ao longo de toda a xornada. na Prazaa da Quintana.

En relación con concurso de traxes tradicionais galegos destacou a presenza e participación da agrupación marinense ‘Pousos da Area’ que conseguiu, nada máis e nada menos, que catro premios:  Segundo premio Traxe Moderno Home de Gala; Segundo premio Traxe Moderno Muller de Gala; Premio Traxe de Nena e Premio Especial de Grupo. Noraboa

No hay comentarios:

Publicar un comentario