É ben sabido que a expansión
do Porto de Marín estivo estreitamente ligada aos problemas de calado que
padeceu histÓricamente o porto de Pontevedra. Xa no ano 1856, o plano de
Pontevedra elaborado por Claudio Coello recollía o porto de Marín
como parte do sistema portuario pontevedrés. Ao longo dos séculos XIX e XX, o
incremento do tamaño e da capacidade dos barcos dificultou cada vez máis o
acceso ao porto pontevedrés. Para paliar esta situación, construíuse un canal
de entrada dende Os Praceres, que axiña se revelou insuficiente. Marín, en
cambio, ofrecía abrigo e calados moito máis profundos.
A súa proximidade coa capital
provincial fixo que a elección fose evidente. Na actualidade, non é estraño ver
que a prensa local e rexional inclúe as novas relativas ao Porto de
Marín nas páxinas adicadas a Pontevedra. Isto é comprensible: para
calquera xornalista alleo ao contexto, podería parecer unha disputa localista
máis entre concellos veciños. Porén, alén destas discusións aparentemente
infantís e territoriais —que deberían abordarse dende unha perspectiva de
país—, cómpre reparar nun feito moi significativo: a Autoridade Portuaria
e a Escola Naval Militar teñen conseguido, coa complicidade política e
aplicando o que Noam Chomsky definiu como manufacturing consent (a
creación do consentimento), impoñer un relato que leva á propia veciñanza de
Marín a crer que a ocupación da fachada litoral é positiva, cando en realidade
sucede todo o contrario.
O que pasou co espazo marítimo de Marín ao longo do último século foi un auténtico despropósito: unha sucesión de recheos incontrolados que impediu a creación dun espazo central e amplo que garantise un equilibrio harmónico entre a cidade, o Porto e a ENM. Esta ocupación, caótica e sen planificación, chegou mesmo aos tribunais, que en diversas ocasións declararon a ilegalidade de varios destes recheos.
O que pasou co espazo marítimo de Marín ao longo do último século foi un auténtico despropósito: unha sucesión de recheos incontrolados que impediu a creación dun espazo central e amplo que garantise un equilibrio harmónico entre a cidade, o Porto e a ENM. Esta ocupación, caótica e sen planificación, chegou mesmo aos tribunais, que en diversas ocasións declararon a ilegalidade de varios destes recheos.
Agora, o Porto propón un novo
recheo, precisamente na lámina de auga fronte á Alameda. Mais o proceso debería
ser o inverso: cómpre unha análise rigorosa dos espazos xa ocupados, unha
reordenación pactada coa vila de Marín, a renaturalización do litoral e
unha coordinación efectiva entre os espazos portuarios e os da Defensa. Mesmo
debería contemplarse a creación dun porto seco que permita liberar áreas que
non precisan estar á beira do mar. Só así Marín poderá aspirar a unha
verdadeira reforma urbana, porque os espazos marítimos ben recuperados son
auténticas fortalezas urbanas. Esa recuperación cidadá do litoral é
unha tendencia en marcha nas principais cidades costeiras do mundo.
Non hai moito, a alcaldesa
de Marín afirmaba que o concello carece de solo adecuado para un polígono
industrial, e que estas infraestruturas deberían ser de carácter supramunicipal
ou comarcal. Engadía tamén que Marín xa pagara un prezo altísimo pola ocupación
da súa lámina de auga. Concordamos plenamente con ela. Mais, se xa se pagou un
custo tan elevado, por que se segue permitindo a expansión portuaria? Por
que se constrúe un auditorio sobre o mar? Por que non se impulsa, dunha
vez por todas, unha campaña decidida de recuperación dos espazos costeiros? O
que se di e o que se fai soa a contradición.
Din que o ser humano é o único
animal que tropeza dúas veces coa mesma pedra. En Galicia, decidimos
construír tres aeroportos en lugar dun único, ben comunicado por tren
con todas as grandes vilas do país. O resultado, como se ten analizado en
numerosas ocasións, é que o aeroporto que realmente medra é o de Porto, en
Portugal. Temos o porto de Vigo a apenas 25 minutos, con capacidade
para acoller até catro cruceiros simultaneamente. E, con todo, pretendemos
modificar de novo a lámina de auga de Marín —xusto diante da Alameda— para
competir con Vigo e atraer turistas. Isto é non ter visión de país. Isto
é non aprender nada da historia.
Los rellenos que va a llevar a cabo la Autoridad Portuaria del puerto de Marin no tienen más motivo que "blindar" la zona ante futuras reclamaciones de espacio, o dicho de otra forma, de reclamar abrir Marin al mar. Escudándose ahora el ente portuario en la necesidad de muelles con mayor calado. Amen de blindar de forma colateral los intereses del concesionario de mantener la ubicación y posteriores renovaciones de la concesión de la terminal cubierta. No fuera a ser que la ciudadanía o algún grupo político lo reclamarse como opción de la ansiada recuperación de la fachada litoral. Una vez realizada, aunque se ganase por vía judicial la posible reclamación o derecho, sería más de lo mismo.....sentencia favorable a los intereses del pueblo pero.....irrealizable. (Lease Paso del tren por Placeres, rellenos portuarios ilegales). Casos idénticos del "modus operandi" de la Autoridad Portuaria y de reciente actuación son: La parcela portuaria, anexa al Parque Azul que reclamaba el anterior edil socialista, D. Francisco Veiga, para la ubicación del Auditorio y sedes para deportes nauticos, que no tardó en blindar la Autoridad Portuaria con una ocupacion , concesion, para así blindar una posible concesión. Parecida actuación es la que motivo el almacenamiento de contenedores en el mismo frente de los rellenos ganados al mar y que son la principal reclamación por parte de la ciudadania. En fin, pura estrategia, para favorecer unos intereses y escudarse, blindarse ante futuras reclamaciones.
ResponderEliminar