jueves, 3 de abril de 2025

MARÍN. CONVOCATORIAS. CERTAME FOTOGRAFÍA DO MAR E CONCURSO DE 'MAIOS'

O Museo do Mar de Marin organiza o 'I Certame de Fotogafía do Mar' para ilustrar o cartel do Festival de Cine do Mar
O prazo de presentación das obras está aberto ata o 30 de maio, ambos inclusive.

Representantes do Museo do Mar e a concelleira de Cultura, Marián Sanmartín, (centro da imaxe) na presentación do certame. Foto: MDMM


A Asociación Cultural Museo do Mar coa colaboración do Concello de Marín organiza o I Certame de Fotografía do Mar, actividade comprendida dentro dos seus obxectivos principais de recuperación da identidade mariñeira da Vila de Marín, así como a conservación e divulgación do patrimonio cultural vinculado ao mar, á cultura marítima e mariñeira. Este certame promove ademáis a valoración do mar como ecosistema e a concienciación da importancia da súa protección e conservación, así como a dignificación dos oficios relacionados co mar e o recoñecemento das persoas que dedicaron e dedican a súa vida aos traballos tanto no mar como en terra vinculados directa ou indirectamente ao mundo da pesca e o marisqueo.
A participación e totalmente libre e gratuíta, para creadoras e creadores de calquera nacionalidade. As obras presentadas deberán centrarse en calquera temática relacionada co mar, ben desde a perspectiva natural, ben desde a cultural. Cada participante poderá presentar un máximo de cinco obras. As 20 obras finalistas formarán parte dunha exposición que coincidirá coas datas do II Festival Cine do Mar. A obra gañadora será a elixida para crear o cartel da seguinte edición do Festival Cine do Mar.
Información: Museo do Mar de Marín e Concellería de Cultura do Concello de Marín.

Pola súa parte o Ateneo Santa Cecilia de Marín presentará hoxe as bases do concurso de Maios 2025 das que informaremos en canto nos sexan facilitadas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario