O Paseo Alcalde Blanco acolle un ano máis o tradicional homenaxe aos fusilados do 36 (Mañán mercores ás 13.00h)
![]() |
| Enriqueta Molas, presdienta de la ARMH de Marín |
Mañán mércores 31, ás 13
horas, terá lugar no Paseo Alcalde Antonio Blanco o anual e tradicional acto
organizado pola ARMH de Marín en homenaxe e lembranza dos fusilados ese mesmo
día de 1936: Albino Agraso Santamaría, Antonio Blanco Solla, Amando Iglesias
Pérez, Demetrio Lorenzo Ordóñez, Santiago Ramos Ramos e Bernardino de la Torre
Fernández.
Ademais da presidenta do
colectivo organizador, Queta Otero-Molas, falará Guillerme Pérez Agulla,
director da Fundación Luis Tilve, enmarcada na conmemoración do centenario do
pasamento do histórico político e sindicalista Pablo Iglesias Posse. O acto conta coa colaboración
musical de Zeltia Acuña e coa presenza de familiares dos homenaxeados, que
participarán na tradicional ofrenda floral.
Inauguración da exposición 'Simbiose en Marín' dos artistas Santiago Leal e Rocio Romero (Museo M. Torres, hoxe ás 19.30h)
O Museo Torres de Marín
inaugura HOXE MARTES DÍA 30 ás 19.30 horas, unha exposición que reúne a obra recente dos
artistas Rocío Romero García e Santiago Leal Casás, nun proxecto conxunto que
establece un diálogo entre a pintura, a fotografía e diversas técnicas
gráficas.
A mostra 'SimbioseenMarín' presenta unha ampla
selección de obras realizadas en distintos soportes e formatos. Por unha banda,
a pintura acrílica de Rocío Romero García céntrase na representación da
paisaxe, dos elementos naturais e de escenas cotiás, cunha especial atención ao
uso da cor e á síntese formal. Pola outra, o traballo
fotográfico de Santiago Leal Casás inclúe fotografías, fotomontaxes sobre
papel. A súa obra percorre motivos naturais e urbanos, ao tempo que desenvolve
unha investigación visual arredor da escultura de Silverio Rivas ubicada no
Paseo Alcalde Blanco, que se converte no eixo conceptual de varias das pezas
presentes na exposición.
Opromar lleva a los colegios de Madrid su iniciativa 'Super Peixiño' con la que promover el consumo de pescado
La Organización de Productores de Pesca del Puerto y Ría de Marín (Opromar) retoma la campaña educativa ‘Super Peixiño’, una iniciativa que nació en 2018 y que tiene como objetivo promover el consumo de pescado entre la población infantil. La edición actual se desarrollará en diez colegios de la Comunidad de Madrid seleccionados tras un estudio realizado sobre menús escolares en colaboración con la Fundación Española de Nutrición (FEN). La campaña cuenta con financiación del Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación y la Unión Europea, a través del Fondo Europeo Marítimo, de Pesca y de Acuicultura, y busca revertir el descenso del consumo de productos del mar en los hogares españoles



No hay comentarios:
Publicar un comentario