miércoles, 3 de diciembre de 2025

MARÍN. POLÍTICA MUNICIPAL. O BNG RECLAMA MELLORAS PARA O MUNICIPIO A TRAVÉS DE ENMENDAS OS ORZAMENTOS DA XUNTA

ENTRE OUTRAS COUSAS...
Piden a "creación dun aparcamento soterrado e dun túnel entre a Praza de España a Alameda e o Paseo Alcalde Blanco co obxectivo de reorganizar os accesos ao centro da vila"

Grupo Municipal do BNG de Marín

O BNG de Marín vén de presentar as súas emendas aos Orzamentos da Xunta para 2026, un conxunto de propostas que volven poñer o foco nas necesidades reais do Concello de Marín. A formación nacionalista recoññece que “os Orzamentos contemplan arredor de 8 millóns de euros para Marín, pero iso non e suficiente pois moitas das demandas que a veciñanza leva anos reclamando seguen sen atenderse…”
As enmenas presentadas inclúen varias actuacións no ámbito da mobilidade, como un estudo técnico para avanzar cara á creación dun servizo municipal de transporte público e un estudo xeotécnico para avaliar a viabilidade dun aparcamento soterrado e dun túnel entre a Praza de España, a Alameda e o Paseo Alcalde Blanco, co obxectivo de reorganizar os accesos ao centro da vila, mellora das infraestruturas de saneamento e abastecemento, así como protección e posta en valor do patrimonio cultural, outra das prioridades do BNG, que propón a continuidade das escavacións no Castro da Subidá.
Xunto a todo isto, a formación solicita tamén novos equipamentos, como a construción dun pavillón cuberto con rocódromo e o impulso dunha residencia de maiores en Seixo, unha infraestrutura social que considera urxente para atender á poboación máis envellecida. Por último no ámbito sanitario, o Bloque reclama de novo melloras no Centro de Saúde de Marín. (Leer máis)

No hay comentarios:

Publicar un comentario