lunes, 1 de diciembre de 2025

MARÍN. OPINIÓN. DEBATE SOBRE 'A EXTERNALIZACIÓN DO SERVICIO MUNICIPAL DE LIMPIEZA'

 

En el Pleno celebrado por la Corporación Municipal este pasado mes de noviembre el Grupo de Gobierno sugería externalizar el servicio público e limpieza como alternativa a la mejora del mismo por medio de la dotación de más medios mecánicos –adquisición de una ‘decapadora’- a la Brigada Municipal que proponía el Grupo Municipal Socialista que recibía el apoyo del BNG.
Desde cousasdecarragal hemos querido conocer el parecer de la oposición respecto a la posibilidad de externalizar el citado servicio, opiniones que transcribimos.

GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA
Manuel Pazos, portavoz do PSOE: "Primeiro hai que saber qué é o que se quere contratar e o custe que tería..."


“O que sucede é que temos o servizo en mínimos, tanto de persoal como de maquinaria que ademáis na súa maioría é moi antiga. Sen recursos e medios é imposible prestar un bo servizo. Para propoñer como fai o PP unha privatización do servizo primeiro hai que saber qué se quere contratar, o custe que tería e facer unha comparativa rigurosa sobre o que costaría eso mesmo fandendoo con recursos municipais como se estivo facendo ata o de agora.
O Grupo de Goberno  nunca presentou  ningún documento ao respecto e así é imposible valorar as vantaxas e os inconvintes que ten esa subcontratación, nin tampouco explican de onde sairán os cartos necesarios para asumir ese novo contrato.”

GRUPO MUNICIPAL NACIONALISTA
Lucia Santos, portavoz do BNG: "A privatización coa contratación de empresas privadas reepresenta un maior gasto para as arcas públicas"


No BNG entendemos a contratación do servizo de limpeza para eventos puntuais ou fins de semana pero non como plan de limpeza municipal. Levamos denunciando a queixa constante de falta de limpeza, tanto na zona urbana como no rural, e isto débese ao desmantelamento do servizo que leva aplicando o goberno do PP ao non dotar da plantilla suficiente para realizar este traballo, xa qur na actualidade tan só hai 5 operarios dunha plantilla de 13.
E que vai supoñer a privatización coa contratación de empresas privadas? pois un maior gasto para as arcas públicas. Cabe lembrar que no pasado verán cando a vila estaba nunha situación límite de suciedade debido a deixadez do goberno municipal, gastáronse 25.000€ no chorreo da alameda e contorna."

 

 

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario