viernes, 5 de junio de 2026

MARÍN. AXENDA DO DÍA. REVIVINDO TRADICIÓNS DA MAN DO ATENEO SANTA CECILIA

O paisaxista marinense José Souto ofrece unha charla sobre 'Herbas, orballo e lume..." (Museo M. Torres, hoxe ás 200.00h)
Actividade promovida polo Ateneo Santa Cecilia de Marín dentro da programación de exaltación do Dia do Medioambiente  

Auga coas sete herbas de San Xoán

O Ateneo Santa Cecilia de Marín organiza a charla “Herbas, orballo e lume: o significado das herbas de San Xoán”, terá lugar HOXE DIA 5 ÁS 20.00h no Museo Municipal Manuel Torres que será impartida por José Souto, paisaxista técnico e director de proxectos, con máis de 20 anos de experiencia no deseño e desenvolvemento de espazos exteriores e cunha traxectoria recoñecida no ámbito do paisaxismo tanto en Galicia como a nivel nacional.
“A proposta, según explican directivos do Ateneo,  busca achegar ao público unha tradición profundamente arraigada en Galicia, poñendo en valor o coñecemento popular vinculado ás plantas e o seu papel na construción da identidade cultural.”

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario