sábado, 20 de junio de 2026

MARÍN. EL SEMANAL DE CARRAGAL. RESUMEN INFORMATIVO DE NOTICIAS DESTACADAS

Mostra pictórica conmemorativa do 125 aniversario do insigne pintor marinense Manuel Torres
Inaugurada pola alcaldesa Maria Ramallo, estará aberta no Museo M. Torres  durante todo o verano

Un momento da inauguración da mostra ante o cadro 'O Buzo', unha das obras máis relevantes do pintor. Foto: CN/CM

O Museo Manuel Torres acolleu onte unha interesante mostra  conmemorativa do 125 aniversario de nacemento do insigne pintor Manuel Torres Martinez (Marín, 1901-1995), organizada pola concellería de Cultuera do Concello de Marín co obxectivo “de poñer en valor a súa obra, a súa pegada artística, a importancia do seu legado e a proxección da súa vangarda, destacan desde o goberno municipal.
Baixo o enunciado de "Florecer no mar de primaveiras amargas…” o acto de inauguración foi presentado pola alcaldesa, María Ramallo e polo comisario da mostra e crítico de arte, Ramón Rozas, que explicaron os motivos da iniciativa: “Afianzar a posición de Torres como un dos grandes pintores da vangarda galega dos anos 30, compartindo ese protagonismo cos pintores do seu tempo fronte ao que moitas veces foi menosprezado”.
Pola sua parte a alcaldesa finalizou o seu discurso “agradecendo ao Museo de Pontevedra a cesión de varios cadros do pintor que a sociedade marinense poderá ver durante todo o verán no noso pobo, cumprindo unha débeda neste sentido”.(Leer información ampliada)

Denuncian que o Centro de Saúde de Seixo soio dispón de unha médica para atender a 2.400 persoas


A Plataforma pola Defensa do Centro de Saúde de Seixo e de Marín denuncia que o de saúde de Seixo “está a operar cunha soa médica para atender a máis de 2.400 persoas; e sinala que “esta situación se debe á baixa da outra facultativa que non foi cuberta polo Sergas desde o 1 de xuño” e indica “que desde o momento da baixa, os casos máis urxentes, as receitas e os pacientes foron asumidos pola outra doutora, provocando que a lista de agarda e a axenda desta única médica aumenta” e reclama unha "solución urxente para o problema xa que quen sufrimos as consecuencias da mala xestión e planificacións da xerencia de área somos nós. Nós tamén seremos nós os que volveremos facer novas protestas porque non nos imos a calar ante a deterioración da Sanidade de todas e todos. (Leer información ampliada)

No hay comentarios:

Publicar un comentario