"Os orzamentos municipais de Marín para 2026 son continuistas e pouco ambiciosos"
O Presuposto Municipal 2026 proposto polo Grupo de
Goberno (PP) ante o Pleno celebrado pola Corporación Municipal recibiu o voto
en contra do Grupo Municipal do BNG que o rexeita por “considerar, entre según expuso a
concelleira, Lucia Santos Omil, que se
trata de uns orzamentos continuistas nun ano no que a normativa estatal permite
destinar os aforros municipais a investimentos e porque o PP desaproveitou unha
oportunidade excepcional para impulsar proxectos estratéxicos e mellorar os
servizos públicos.”
Ademais existen outras moitas máis consideracións
polas que a formación nacionalista marinense sae opón as contas municipais
como o describe detalladamente a concelleira portavoz do grupo na 'Entrevista do Domingo':
P - Os orzamentos para este ano son os máis importantes,
en canto a cifras, da historia do Concello de Marín e sin embargo isto para
vostedes non parece importante a pesar de que por parte do Grupo de Goberno deixaron explicado que se trata de unhas contas axustadas a realidade da economía municipal
R - Aínda que ascenden a máis de 18,5 millóns de euros o
incremento respecto ao ano anterior non responde a novos proxectos nin a
prioridades transformadoras, senón principalmente ao aumento do custo dos
servizos correntes especialmente polo novo contrato de recollida de residuos.
P - Na súa réplica fala vostede de orzamentos continuistas para un ano no que a normativa estatal
permite destinar os aforros municipais a investimentos...
R - A normativa estatal permite ás entidades locais
destinar o superávit e os remanentes de tesourería a financiar investimentos.
Ademais, a actualización das entregas a conta da participación nos tributos do
Estado suporá para Marín un incremento de máis de 367.000 euros respecto ás
previsións iniciais polo que desde o BNG consideramos que estas circunstancias
deberían servir para impulsar unha planificación inversora máis ambiciosa.
P - Ven a dicir ou resumir vostede que o Grupo de Goberno ten falla de
interés en realizar maiores inversións coas que atender as necesidades do pobo?
R - Detrás das cifras dos orzamentos hai unha dirección
política que o Partido Popular (PP) leva quince anos perpetuando: o inmovilismo
e os orzamentos propostos evidencian un funcionamento meramente estrutural da
administración, sen capacidade transformadora para afrontar retos como o acceso
á vivenda, a mellora dos servizos públicos ou a dinamización económica e social
da vila.
"O goberno local segue demostrando unha falta total de iniciativa para aumenta a capacidade finacieira do Conello"
R - O goberno local segue demostrando unha falta total
de iniciativa para aumentar a capacidade financeira do Concello, dependendo
cada vez máis das transferencias doutras administracións para sacar adiante a
xestión diaria. Mentres tanto, recorre de forma habitual ás modificacións de
crédito e aos recoñecementos extraxudiciais para resolver problemas sobre a
marcha, convertendo a improvisación nunha forma habitual de gobernar.
P - Pero iso terá unhas consecuencias…
R - As consecuencias desta falta de planificación son
visibles no día a día da veciñanza: estradas municipais en mal estado, rúas
sucias, instalacións sen o mantemento necesario e servizos sen cubrir. As
goteiras na biblioteca, no multiusos da Praza de Abastos, ou na Casa de Cultura
de Seixo, o deterioro dos parques infantís, da finca de Briz, da piscina
municipal ou dos accesos ás praias, son algúns exemplos. A isto súmase a falta
de persoal municipal, con máis de vinte vacantes sen cubrir tras diversas
xubilacións, o que debilita cada vez máis a capacidade do Concello para prestar
servizos públicos de calidade.
P - Cal é a conclusión do BNG ante o panorama que vostede describe?
R - Cando un orzamento de máis de 18 millóns de euros
non é capaz de explicar que modelo de vila se quere construír para os próximos
anos, o problema non está nas cifras, senón na falta de ambición política para
utilizalas como ferramenta de transformación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario