Lucia Santos Omil, concelleira do
BNG, defendeu no Pleno a postura dos nacionalistas opoñéndose a aprobación do Orzamento Municipal proposto polo GRUpo de
Goberno (PP) manifestando "que os orzamentos deberían ser máis sinxelos para a súa
facilidade e comprensión, para facilitar a súa lectura, interpretación e mesmo
fiscalización pola opinión pública.”. Entrando en detalle do documento e en como foi replicado a concelleira resumeo na seguinte entrevista:
-Como valora o BNG os orzamentos municipais aprobados polo Equipo de Goberno do PP?
-Son orzamentos continuistas, dende o BNG non nos queda outra que manter unha valoración continuista. Temos que repetir datos que xa trasladamos no debate dos orzamentos do 2024, e no 2023…consecuencia deste continuismo.
-Por onde empezaría esa valoración…
- Marín experimenta un grave devalo demográfico dende o goberno do PP. Dende o 2011 ao 2023, Marín perdeu 1.663 habitantes, pasando de 25.864 a 24.197 habitantes, unha perda contínua ano tras ano, único na historia de Marín. Con estes datos tan tremendos, non hai que analizar moito para cair na conta que o continuismo que levan aplicando durante estes anos non está beneficiando en absoluto ao concello…
- Que nos pode decir da política económica que aplica o Gobernmo Local…
Están aplicando unha política económica catastrófica. E o proxecto de orzamentos para 2025 carecen de credibilidado baseándonos en que os orzamentos de exercicios anteriores fican sen executar. O baixo nivel de execución dos orzamentos aprobados en exercicios anteriores, reduce a credibilidade dunhas contas que poden servir de amparo ao descurso político do goberno municipal mais non constitúe o instrumento real e útil que necesita o concello para solventar as deficiencias e necesidades sociais e de investimentos, como así reflexan os datos negativos de Marín.
-Que vota en falta o BNG nos orzamentos aprobados para 2025
Nos orzamentos que presenta o Grupo de Bberno non hai previsión de novas contratacións. O grupo de goberno trasladou que o 2024 era o ano da estabilización pública pero no 2025 estaba previsto a convocatoria de novas prazas. Actualmente, no concello hai 23 prazas vacantes, e a pregunta que nos facemos e si se van crear a praza de técnico de deportes, ou de técnico cultural?
-Vostedes no pleno fixeron alusión a lentitude no pago a proveedores
-Seguimos con datos negativos, Marín está incumprindo o prazo máximo de 30 días como período de pagamento a proveedores. E non o dicimos o BNG… hai chamadas de atención tanto da Secretaría Xeral Técnica de do Tesouro da Xunta e da Secretaría Xeral de Financiación Autonómica e Local do Ministerio de Facenda.
-Qué outras partidas lles preocupan…
- Outro dato que nos preocupa é a reducción na partida destinada a actividades culturais e deportivas. En canto a partida orzamentaria destinada a persoal, tamén nos preocupa que únicamente teñen previsto un incremento do 1,4 por cento.
-Qué dúbida trasladaría desde aquí o concelleiro responsable da Facenda Municipal
- O concello aplica trimestralmente unha serie de taxas da ENM como son a recollida de lixo e o uso da rede municipal de sumidoiro así como o canon de xestión da depuradora de Os Placeres. E non temos claro se a cuantía destas taxas e canon están actualizadas ou o concello está cobrando a mesma cuota fixa trimestral dende sempre.

No hay comentarios:
Publicar un comentario