sábado, 14 de diciembre de 2024

MARÍN. O ORZAMENTO MUNICIPAL 2025. ENTREVISTA: MANUEL SANTOS COSTA, CONCELLEIRO DE FACENDA.

O Goberno Local aproba coa oposición de PSOE e BNG o Orzamento Municipal para 2025

Manuel Santos Costa, concelleiro de Facenda

Manuel Santos, concelleiro de Facenda: "É o máis elevado da historia de Marín e marcado polo gasto en servizos públicos esenciais Rexistrando tres fortes incrementos de gasto: o novo contrato do Servizo de Axuda no Fogar, o contrato de xestión da Piscina Municipal e a previsión do novo que se sacará de Xestión de Residuos Urbanos..."
 
O Pleno celebrado pola Corporación Municipal este pasado xoves aprobou con tan solio os votos da mayoría do Grupo Municipal do PP o Orzamento para 2025 que asencende en cifras redondeadas a 18.000.000 de euros. 
Trátase, en palabras do concelleiro de Facenda e tenente alcalde, Manuel Santos Costas, “do Orzamento máis elevado da historia do Concello de Marín, marcado pola inación e a suba dalgúns dos contratos clave a nivel público no municipio".
-¿Qué diferencia en cifras se pode apreciar entre o Orzamento do erxercicio do vindeiro ano co anterior?
-Supón un incremento do 9,36 por cento con respecto ao Orzamento do 2024, cifrado en 16.342.099,05, e é un Orzamento “nada sinxelo na súa estrutura nin previsión”. -¿Podería explicar as razóns que fan que o Orzamento2025 sexa máis elevado ca nunca?.
-O incremento de tres contratos claves na prestación de servizos públicos esenciais é o gran motivo da suba. O Servizo de Axuda no Fogar, o contrato de xestión da Piscina Municipal e a previsión de aumento do contrato de Xestión dos Residuos Sólidos Urbanos aumentan as partidas destinadas a estes fins”. O resto das partidas mantéñense, en maior ou menor medida, cun reparto porcentual similar ao recollido no documento orzamentario do 2024. Pero o traballo de xestión cada vez é maior debido ás dificultades de financiación ás que nos enfrontamos as entidades locais, así como pola situación económica actual e o incremento dos custes.
- Ven vostede a dicir que a financiación das entidades locais segue sendo unha asignatura pendente?
- Efectivamente, xa que non hai unha correlación real e asumible entre os ingresos e as esixencias de gasto para seguir prestando servizos de calidade. Por iso dicimos que cadrar e poder cubrir cos nosos fondos propios todo o noso gasto corrente é froito de moito traballo e moita xestión.
- Non se ven asinadas partidas relativas a inversións directas con cargo a fondos municipais
- Dadas as circunstancias anteriormente explicadas, de novo o capítulo o relativo ás inversións, non leva recollidas inversións directas con fondos municipais. Mais iso non signica que non se teña previsto realizar inversións de importancia para o interese xeral da cidadanía, todo o contrario, xa que contamos con moitas financiacións externas polo traballo que levamos feito estes anos para conseguir cartos doutras Administracións a través de convenios e subvencións ou de captación de fondos europeos. 
-Como por exemplo...
Como ocorre cos fondos do Plan de Sostibilidade Turística (PSTD). Nesa liña hai que destacar a finalización da construción do Auditorio (nas anualidades que se corresponden co 2025), á reactivación do proxecto de remodelación do Liceo Casino nun Centro de Ocio Xuvenil e o Arquivo Municipal, o remate das actuais humanizacións e a mellora de Rúa da Ponte, Pedreiras e a senda de Pardavila-Rúanova e toda a execución do PSTD son as principais inversións que se prevén no Orzamento.



No hay comentarios:

Publicar un comentario